Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As mulleres non queren ser escravas nin heroínas: só ser iguais en dereitos

Milleiros de persoas demandaron avanzar na igualdade real // Os concellos de Área viviron este 8 de Marzo con manifestos, homenaxes, recoñecementos e reivindicación nun ambiente festivo

“Nin escravas, nin heroínas. Mulleres con dereitos xa”. Así rezaban este martes 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, os berros nunha Carnota que ben podía representar o sentir de moitas mulleres e homes que seguen a loitar pola igualdade real nos concellos do ámbito territorial de Área de Compostela.

Manifestos, recoñecementos á traxectoria e á profesionalidade de mulleres a título individual ou colectivo, charlas e motivo aire festivo e reivindicativo respiráronse este martes nun Día da Muller que terá que celebrarse si ou si mentres non se logre o obxectivo que define o feminismo: a loita pola igualdade de xénero. Algúns concellos, como O Pino, aproveitaron a xornada para presentar os seus plans de igualdade.

Este martes tinguiuse todo de morado e reclamábase o laísmo, o loísmo e o leísmo, sen retrancas nin rubores, senón como términos que tamén reflexan a igualdade.

“Neste Día da Muller acordámonos daquelas mulleres que loitaron, das que morreron, das que resistiron a opresión para deixarnos un futuro máis cheo de luz. Por elas, por nós e por todo o conxunto da sociedade, o Concello, hoxe e sempre, a prol da igualdade”. Con estas palabras, a concelleira de Igualdade e Muller de Brión, Rosa Romero, concluía a lectura dun manifesto no que explicou aos presentes unha das teorías que xustifican que o morado sexa a cor do feminismo. A teoría traslada a historia ao New York de 1908, no que un lume nunha fábrica téxtil de Cotton acabou coa morte de 129 traballadoras que se declararan en folga e morreron atrapadas. A historia di que a cor do fume que saía do incendio era morado debido a que as teas coas que se estaba traballando na fábrica tamén eran moradas.

O pasado día 6, a Asociación de Mulleres Feministas Sonlilá organizou unha cadea de mulleres na praia de Carnota tras unha camiñata dende a Praza da Pedra. As protagonistas da iniciativa portaban unha pancarta reivindicativa na que se podía ler: “Nin escravas, nin heroínas. Mulleres con dereitos xa!”.

Este martes, no consistorio carnotán líase o manifesto ó que puxo voz a tenente de alcalde, Merche Noceda. “Non queremos ser máis, pero o que non queremos tampouco é volver ser menos nunca máis. Só queremos xustiza e, sobre todo, igualdade”, dixo.

09 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
8M
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.