Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

As obras de GóisOrosoArte chegan á Casa do Artista da localidade lusa

Unha delegación orosán, presidida polo alcalde, asistiu á apertura da exposición internacional, que con 79 traballos de 19 artistas estará en Sigüeiro en setembro

O alcalde de Oroso, Luis Rey, e a concelleira de Cultura, Beatriz Rodeiro, participaron o pasado domingo na localidade portuguesa de Góis -coa que está irmandada o Concello de Oroso- no acto de inauguración da exposición do Certame Internacional GóisOrosoArte, que nesta edición de 2022 exhibe un total de 79 obras de autores procedentes de 19 países.

Esta mostra, que xa se pode visitar na Casa do Artista da Cámara Municipal de Góis, inclúe obras de temática libre e de disciplinas como a escultura, a pintura, a fotografía ou o deseño, chegadas tanto de España e Portugal como de países como China ou Reino Unido. Todas estas pezas trasladaranse a finais do verán a Oroso, onde poderán contemplarse a partires do día 9 de setembro.

O alcalde de Oroso, que estivo acompañado polo seu homólogo de Góis, António Rui de Sousa, aproveitou a súa intervención no acto inaugural para “comprometer a continuidade desta irmandande entre os dous concellos a través da cultura” porque “este encontro vai moito máis alá do eido cultural, xa que todos os demais sectores municipais de Góis e Oroso benefícianse desta unión”.

HISTORIA. Foi no ano 2007 cando o entón alcalde de Oroso, Manuel Mirás, firmou o acta de irmanamento coa localidade portuguesa de Góis. Nese intre destacou a importancia de establecer lazos de cooperación entre municipios para “acadar xuntos un maior benestar para os nosos veciños e veciñas”. Mirás, e o presidente da Cámara Municipal de Góis, José Girao Vitorino, asinaron o Protocolo de Irmanamento e destacaron “a importancia que ten establecer fluídas relacións entre os concellos” non só para garantizar o benestar veciñal, senón tamén os intercambios culturais.

“Oroso e Góis teñen unha importante actividade social e cultural” dixeron entonces e comprometeronse a seguir traballando “para potenciar estas inquedanzas sociais e culturais”.

É un dos intercambios cultuais que se producen todos os meses de xullo e setembro e a mostra internacional GóisOrosoArte, unha exposición na que participan artistas de diferentes países, moitos deles autodidactas, dan a coñecer neste encontro a súa obra.

Segundo indicaron dende o Concello, a mostra chegará a Oroso no mes de setembro.

12 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.