Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As verbenas regresan a Caldas coa celebración da Festa da Primavera

Satisfacción do Concello porque a vila pontevedresa, que conta con 1.400 prazas, rozou a plena ocupación en Semana Santa

Caldas de Reis está de dobre noraboa. Dunha banda, e tras dous anos de parón, a vila pontevedresa recupera as verbenas ca celebración, os días 6, 7 e 8 de maio, da Festa da Primavera. Ademais, esta Semana Santa o municipio rozou a plena ocupación.

En canto á festa, o espazo escollido é a finca municipal da Tafona, incluíndo o aparcadoiro, o anfiteatro e a Praza do Camiño. O venres día 6 a verbena contará cos grupos Alkar e América de Vigo, e o sábado día 7 actuará a orquesta Panorama e haberá desión discoteca con A Gramola. As verbenas comezarán ás 22.30 horas na Tafona.

O domingo 8 será o Día do Nen@, e as atraccións, carruseles e postos terán prezos reducidos. O alcalde, Juan Manuel Rey, destacou que “hai moitas ganas de recuperar as verbenas e facemos un esforzo para crear esta nova Festa da Primavera na programación anual do Concello, que agardamos teña continuidade nos vindeiros anos”.

Asimesmo, o rexedor felicitouse porque Caldas conseguiu practicamente a plena ocupación hoteleira durante a Semana Santa. A presenza constante de peregrinos que percorren o Camiño Portugués e a celebración do Torneo Internacional de Fútbol Vila de Caldas contribuíron a encher as rúas e os aloxamentos, restaurantes e cafeterías.

Caldas conta actualmente con máis de 1.400 prazas de aloxamento en 110 establecementos distintos, dos que 8 son hoteis, 2 hoteis-balneario, 3 casas de turismo rural, 24 pensións, 6 albergues e 66 vivendas de uso turístico.

20 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.