Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Augas de calidade “excelente” en sete praias de Camariñas e boa na de Camelle

Camariñas. Os areais de Camariñas A Areiña Branca, Area Longa, Arou, Lingunde, Lobeiras, O Ariño, O Lago e Camelle superaron con moi boa nota os controles de calidade realizados pola Consellería de Sanidade en 2021.

Así, a clasificación sanitaria final das zonas de baño destes areais, que permanecerá vixente para a temporada de verán 2022, será de Excelente para todas, agás Camelle, que é Boa. Ademais, Arou volverá a contar outro ano máis coa bandeira azul.

No caso de Camelle non está incluída aínda no censo oficial pero, debido aos bos resultados acumulados nos últimos anos, someteuse a vixilancia sanitaria durante o 2021, arroxando moi bos resultados polo que se agarda que pronto pase a formar parte da lista oficial de zonas de baño de Galicia.

A alcaldesa, Sandra Insua, considera que “estes resultados, sumados á bandeira azul de Arou, demostran que en Camariñas temos moitas das mellores praias da comarca, da provincia e incluso de Galicia” e destaca que “as actuacións acometidas polo Concello nos últimos anos en Camelle están a reverter os malos episodios do pasado”.

O goberno local tamén está traballando a reo para que a outra praia do municipio que se atopa fóra do censo, a de Area da Vila, poida ser reincorporada. O pasado ano leváronse a cabo dúas melloras no saneamento para solucionar os vertidos ao mar que se estaban a producir e intentar así mellorar a calidade da súa auga. Agora enviarase toda a documentación necesaria á Consellería de Sanidade para que o areal urbano pase á mesma vixilancia na que se atopa agora mesmo Camelle.

24 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.