Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Miles de persoas ateigaron o muelle de Ribeira para ver ós peñeiros caer á auga en inxeniosos aparellos // O alcalde da Pobra deu a sorpresa e tamén se mollou

Avanza a Festa da Dorna por terra, mar e aire

Humor e inxenio a partes iguais. Miles de persoas ateigaron este xoves o muelle de Ribeira, convertido nunha espectacular balconada con vistas ó mar, para presenciar o disparatado Jran Premio Ícaro de voo sen motor, unha das citas estrela da Festa da Dorna. Houbo de todo: dende quen non se complicou a vida e optou por tirarse á auga nunha modesta á delta (como a peña Tabeiróns con collóns), ata quen se currou máis o aparello, como os da peña Os corsarios do Barbansa, que o fixeron a bordo dun enorme helicóptero.

Era de esperar que o éxito do grupo Tanxugueiras tivera eco nesta cita. E así foi. Por duplicado. Baixo unha gran pandeireta tiráronse ó mar integrantes das peñas As pirañas van de cañas (con coreografía incluída e cunha doble da eurovisiva Chanel) e As navallas de Palmeira. Tanén houbo unha parodia de Bandini, da man das Parrochas papudas.

Pero a gran sorpresa deuna o alcalde da Pobra, Lois Piñeiro, quen pechou esta divertida cita tirándose ó mar a bordo dunha gran pomba branca. Convidado pola peña Tocando fondo, Piñero chegou en bañador e con escoltas dorneiros e ata deu un mitin antes de mollarse. Tomou a palabra para convidar ó seu homólogo de Ribeira, Manuel Ruiz, a asinar un tratado de paz que poña fin ás discusións territoriais.

Pero en Ribeira aínda queda mecha dorneira. Este venres celébrase o Sertame itinerante da cansión de tasca; o sábado, os Xojos e deportes populares de terra, nas inmediacións da praia de Coroso; e o domingo, ás dúas e media da tarde, outra das citas estrela: a Rejata de embarcasións feitas á machada e propulsadas a pan de millo. Non o perdan.

21 jul 2022 / 22:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.