Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Axuda para a ampliación de servizos e do punto limpo da Laracha

O Concello adquirirá a parcela colindante, que será incorporada ás instalacións

A Laracha. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente concedeu ao Concello da Laracha unha subvención de 130.000 euros para a ampliación do punto limpo situado no Formigueiro.

O obxectivo é ofrecer novos servizos á cidadanía habilitando un maior espazo que permitirá mellorar a xestión e as condicións de almacenamento dos residuos. Para iso, o Concello ten en proceso de adquisición da parcela colindante, de 5.096 metros cadrados de superficie, que será incorporada e integrada no actual punto limpo.

Unha vez estea acondicionada e dotada con todos os servizos, nese novo espazo habilitaranse zonas diferenciadas para o depósito de residuos como plásticos agrícolas, restos de poda, madeira, plástico duro e envases de vidro, así como zonas cubertas para novos contedores e para o acopio de cartón.

O punto limpo é un servizo gratuíto para os usuarios, que ofrece a posibilidade de depositar residuos que, polas súas características específicas (volume, toxicidade, perigosidade, etc) deben recibir un tratamento especial e non poden ser depositados nos colectores de lixo habituais.

Actualmente está a disposición dos veciños do municipio os luns de 15.00 a 20.00 horas, os mércores e venres, de 16.00 a 20.00 horas, e os sábados, de 9.00 a 14.00 h. Ademais, tamén se ofrece á cidadanía a recollida a domicilio de voluminosos, servizo gratuíto que pode solicitarse vía telefónica no 900 701120. M. L.

09 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.