Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Baiuca quere melloras na vía Teo-Ames, limpezas e sinais

Confía en botar a pirotecnia de Solláns abaixo alegando // Din que a resolución tardará

A asociación de veciños Baiuca de Teo vén de darlle unha volta ás necesidades municipais, reiterando a súa oposición á reapertura da pirotecnia de Solláns, pero tamén esixindo a mellora na pista que lles une co Milladoiro; limpeza da fonte de Liñariño e incluír sinalización interior para a aldea de Guldrís.

Comezando pola pirotecnia, Baiuca considera “incomprensible que, despois de 16 anos, a familia de Alfonso Calo Rama queira volver abrir a Piroctecnia Calo, tras causarlles tanto mal a moitos veciños da contorna de Solláns debido á explotación da antiga fábrica pirotécnica”. Tamén tildan de incongruente que “o mesmo Alfonso Calo dixera na reunión que realizamos todos os veciños ao día seguinte da explosión, aló polo ano 2006, que pedía perdón e daba a súa palabra de que non volvería abrir”.

Por todo iso, a entidade veciñal encheu a localidade de Solláns –tamén velan polos teenses de Mazas, San Domingo, Monte, Lamas e Guldrís– de seis carteis para divulgar a súa oposición e encargou a un prestixioso bufete de avogados de Vigo a elaboración de alegacións para intentar botar abaixo a reapertura desa empresa.

Respecto deses escritos, lembran que os custos foron sufragados polos veciños das vivendas máis próximas á pirotecnia, así como por outros que fixeron unha contribución solidaria voluntariamente. E, por outro lado, promoveuse entre a veciñanza das seis aldeas un segundo documento de alegacións realizado por un bufete de Santiago de Compostela, o cal foi asinado por 220 veciños. En total, e deixando a marxe as remitidas directamente a Subdelegación do Goberno, calculan en más de 200 as alegacións interpostas diante da Xunta e en trece as que lles constan na administración teense.

A espera dunha resolución que estiman vaise dilatar pola súa complexidade técnica, os mebros de Baiuca aproveitan para pedirlle ao seu rexedor que leve ao veciño Concello de Ames as súas reivindicacións para reparar a pista que vai dende Frutas Barreiro ao cuartel da Benemérita, porque a empregan condutores dos dous municipios e presenta unha estreiteza de asfalto debido ó seu deterioro.

E para rematar, reiteran a petición ao seu goberno de 4 edís nunha Corporación de 17 que desatasque a fonte tupida en Liñariño, Solláns, aínda moi empregada, e que inclúa sinalización no cruce interior da aldea de Guldrís, xa que no están claras as preferencias.

31 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.