Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Conceden 17 licenzas a explotacións agrarias no que vai de ano ós lalinenses

Souto fixo balance e concretou que sete son de nova creación // O investimento en conxunto alcanzou os 543.000 euros

O concelleiro de Agricultura e Gandaría, Avelino Souto, fixo balance da xestión administrativa e da concesión de licenzas para a instalación ou mellora de explotacións agrarias no municipio. O edil avanzou que no que vai de ano o seu departamento proporcionou “ 17 licenzas de novas granxas e ampliacións agrarias no Concello de Lalín”, afirma.

Souto precisou que dese total sete son as granxas de nova creación, “das cales a de maior contía se atopa en Méixome cun investimento de 543.000 euros”, explica. O responsable municipal destaca que “o investimento total que se fixo ata o de agora en novas granxas e ampliacións por parte dos gandeiros, ascende a preto de 3,6 millóns de euros, o que supuxo ademais un aforro para estas persoas en ICIO de preto de 200.000 euros”.

TIPO DE GRANXA. En canto ao tipo de explotacións que se veñen de facer como novas construcións, “5 son de vacún, as cales se atopan en Méixome, dúas en Goiás, unha Busto e outra en Barcia. Por outra banda, as dúas restantes son de gandaría porcina e atópanse en Muimenta e Barcia”, indica.

En canto ás ampliacións, o concelleiro destacou que “hai maior diversidade, estando neste caso 5 destinadas a vacún, as cales se atopan asentadas en Anseán, Gresande, Fontecabalos, Vilanova e Goiás, 3 a agrícola, estando situadas en Goiás, Bermés e Carragoso, unha a forestal estando situada en Catasós, e outra destinada a cabalos estando situada en Soutolongo”.

“Soamente en vacún, destináronse investimentos de máis de 2,6 millóns de euros, o que demostra unha forte aposta dos nosos veciños por este modelo económico”, afirma Avelino Souto.

Finalmente o concelleiro comentou tamén que “nestes intres atópanse 12 licenzas xa en tramitación, o que aumentaría as contías anteriores e a aposta dos lalinenses por ampliar e facer novos negocios agrarios”.

Indicar, por outra banda, que Souto participou hai uns días na 17 edición dos Encontros Gandeiros da ADSG Xundeva. O edil deu a benvida aos asistentes durante a inauguración da xornada, que se desenvolveu no Pazo de Liñares de Lalín, e que estivo coordinada por Manuel Fernández, presidente de Xundeva.

07 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.