Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
TURISMO NÁUTICO. Comezaron en Ribeira as visitas en catamarán ás illas de Sálvora e Ons e a Ruta do Mexillón, que inclúe degustacións a bordo // Fanse con guías titulados // Rianxo tamén ofrece este tipo de itinerarios e organiza unha travesía xacobea para o día grande de Galicia, o 25 de xullo TEXTO Suso Souto

Barbanza invita a navegar entre bateas

Da man das navieiras Cruceros do Ulla e Bahía Sub, o porto de Ribeira acolle dende este sábado e ao longo dos meses de verán catro modalidades de rutas en catamarán con destino ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e a Ruta do Mexillón.

A iniciativa foi presentada nun acto que contou coa participación do alcalde ribeirense, Manuel Ruiz; do concelleiro de Turismo, Ramón Doval; da xerente da Mancomunidade Barbanza-Arousa, Fátima Cachafeiro; e de Ana Pérez e Santiago Domínguez, en representación das citadas empresas náuticas.

As saídas teñen lugar dende un pantalán posto a disposición por Portos de Galicia na zona de antiga lonxa e as visitas aos distintos destinos (a Illa de Sálvora, a Illa de Ons e a Ruta do Mexillón) contan coa asistencia de guías titulados.

O rexedor sinalou que o verán ten que ser a “porta para abrir a Ribeira de todo o ano: desestacionalizar o noso turismo”. Por iso, agradeceu ás axencias e outros profesionais que se dedican a este sector o esforzo de traer xente ao municipio. “A xente ten que confiar en Barbanza e Ribeira como potenciadores do turismo e, se sabemos dar a coñecer o que temos, dificilmente se van poder atopar destinos coma estes”, indicou.

gratis para nenos de 0 a 2. O itinerario Ribeira-Illa de Sálvora será cuberto por Cruceros do Ulla. A reserva de billetes pode facerse a través da páxina web www.crucerosdoulla.com. As viaxes serán, en xuño, os sábados; en xullo, os mércores e sábados; en agosto, os mércores e sábados; e en setembro, o sábado 7 e o sábado 14. Os horarios son: saída ás 10.00 horas e volta ás 14.30. O prezo por persoa adulta é de 20 euros, e para crianzas de 3 a 12 anos, 10 euros. Para nenos de 0 a 2 anos a viaxe é gratis. Máis información e reservas de xeito presencial na caseta de información sita ao lado do pantalán de embarque, no 623 482 754 ou en info@xestiondeocio.com.

Unha das rutas Ribeira-Illa de Ons corre a cargo tamén de Cruceros do Ulla. Será os domingos 20 e 27 de xuño e os domingos de xullo e de agosto, con saída ás 10.15 horas e volta ás 19.00. O prezo é de 25 euros para adultos e de 10 para crianzas de 3 a 12 anos (gratis para as de 0 a 2).

Tamén ofrece esta ruta a navieira Bahíasub (www.bahiasub.com) os sábados de xullo e de agosto e os sábados 7 e 14 de setembro, con saída ás 10.00 horas e regreso ás 18.00.

O prezo é de 25 euros para adultos e de 12,50 euros para crianzas de 4 a 11 anos, sendo gratis para as de 0 a 3 anos. Neste caso, a travesía inclúe unha degustación de mexillóns ou empanada con bebida a bordo.

QUINCE EUROS PARA ADULTOS. Polo que respecta á Ruta do Mexillón, con degustacións a bordo, a navieira encargada é Cruceros do Ulla. As viaxes serán os sábados do presente mes de xuño, os mércores e sábados de xullo e de agosto e os sábados 7 e 14 de setembro, con saída ás 17.30 horas e volta ás 18.45. Custan 15 euros para adultos e 7 euros para cativos de 3 a 12 anos, sendo gratis para os de 0 a 2 anos.

O OURO RIANXEIRO. Pero tamén Rianxo pon en marcha un servizo similar este verán, co programa Rianxo bótase ao mar. Organízanse viaxes a Ons os días vinte de xuño e un de agosto, con saída ás 10.00 e regreso ás 19.00 e custan vinte e tres euros para adultos e quince para nenos de cero a once anos. A Ruta Xacobea do Barbanza dende o Mar será o día vinte e cinco de xullo, partindo ás 10.00 horas e retornando ás 13.30. O prezo neste caso é de trinta euros para adultos e vinte para os cativos. Asimesmo, ofértase a Ruta do Mexillón: o ouro de Rianxo, os días sete e quince de agosto, con viaxes de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas por trinta euros para adultos e vinte euros para os nenos. Os números de teléfono para as reservas son 981 866225 e 664 719 008, da firma Buseando por Galicia (www.buseandoporgalicia.com).

areadecompostela@elcorreogallego.es

07 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.