Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
A xerente de Galicia Calidade visitou este xoves a rula de Testal para entregar
a acreditación // Esta marca permite diferenciar o bivalvo capturado nas súas autorizacións e comercializado mediante algunha das lonxas TEXTO Marta Torres

Berberecho de Noia recibiu o selo de garantía autonómico

Ana Méndez, xerente de Galicia Calidade, desprazouse este xoves ata a lonxa de Testal, na localidade noiesa, para reunirse cos responsables da marca Berberecho de Noia e facerlles entrega da certificación que acredita que contan con este selo de garantía autonómico. O encargado de recollelo foi o secretario do pósito, Adelo Freire.

A xerente do organismo dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación aproveitou a visita á rula para explicar as liñas de actuación de Galicia Calidade para este ano e tamén para recoller as opinións, suxestións e achegas dos responsables da marca colectiva denominada Berberecho de Noia. Rías Gallegas. Pesca Artesanal.

Trátase dun distintivo para diferenciar os berberechos capturados nas autorizacións e concesións recollidas no plan de explotación para autorizacións de marisqueo a pé e de marisqueo desde embarcación incluídos dentro do plan de explotación en vigor da confraría de Noia e comercializados mediante algunha das lonxas xestionadas pola entidade mariñeira, neste caso as de O Freixo (Outes) e Testal.

Así, o seu bivalvo estrela baixo esta marca cumpre as seguintes características: trátase dun produto capturado na ría de Noia, con artes de pesca artesanais e sostibles e no seu momento óptimo de consumo.

Con Berberecho de Noia xa son máis de 150 as empresas galegas que contan na actualidade co selo de Galicia Calidade, unha distinción que busca impulsar a competitividade e achegar confianza e seguridade aos consumidores.

Durante o acto de entrega, Ana Méndez asegurou que “para Galicia Calidade é un orgullo ter a lonxa de Noia no selo de garantía. Ademais, é un produto de excelentísima calidade, de feito alongaron a campaña un pouco, ata o mes de abril, porque está en excelentes condicións. Unha lonxa que ten máis de 1.500 mariñeiros e case cen traballadores. Temos que estar moi orgullosos de ter esta calidade en Galicia; é unha empresa con certificado de garantía”.

A xerente do organismo dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación tamén reiterou que para os consumidores este distintivo significa “saber que cando van mercar un berberecho ou unha ameixa de Noia, é un produto que está totalmente certificado, un produto excelente e que é unha garantía, non só para os galegos, senón que ao saír fóra e para exportación todo este berberecho, é unha marabilla”.

A campaña extractiva de 2018-2019 desenvolveuse por primeira vez baixo o selo oficial Berberecho de Noia, unha marca colectiva para diferenciar os berberechos (Cerastoderma edule) capturados nas súas autorizacións e concesións e comercializados a través das súas lonxas, das que, segundo o portal web da Consellería do Mar Pescadegalicia, sae máis do 70 % do berberecho comercializado en Galicia.

Ademais, as campañas promocionais postas en marcha polo pósito ao amparo da devandita marca, algunhas das cales foron protagonizadas polos chefs máis prestixiosos de España, supuxeron un gran impulso para a proxección internacional da mesma e complementaron a posta en valor deste prestixioso produto.

O PROTAGONISTA
“ISTO É UNHA REFERENCIA A NIVEL MUNDIAl”
Adelo Freire
Secretario da confraría San Bartolomé de Noia

Durante o acto de entrega do distintivo que acredita que a marca Berberecho de Noia conta con este selo de garantía, Adelo Freire afirmou que para a confraría “é unha honra recibir esta certificación; é un apoio á nosa xestión e á nosa posta en valor do produto. Galicia Calidade é unha referencia a nivel mundial que todo o mundo coñece, aprecia e recoñece en todos os mercados e para nós isto é algo moi importante”, dixo.

Asemade, o secretario da confraría San Bartolomé de Noia sinalou que notaron “un interés por parte dos comercializadores, sexan conserveiras ou depuradoras, en adherirse, porque isto é un apoio á nosa marca. O asumir tamén a certificación e licenza de uso de Galicia Calidade para eles tamén é un atractivo para poder comercializar en todo o mundo. Temos máis de 30 empresas adheridas á marca”, concluíu Freire.

{ BLANCO O NEGRO }
Origen y autenticidad
Marta Torres

el berberecho de Noia es sinónimo de calidad. Desde la cofradía de pescadores llevan muchos años trabajando para poner en valor el producto y para que el bivalvo noiés llegue a las tiendas, y consecuentemente al consumidor, con un sello de calidad propio para distinguirlo del foráneo. Este distintivo ha venido acompañado de diferentes campañas promocionales... todo para situar al rey de esta ría donde se merece. Este sello garantiza tres cuestiones esenciales: su origen, el tipo de pesca y la calidad y su autenticidad. Para comprobar su éxito no hay más que mirar los números: el certificado de calidad logró elevar la comercialización del producto y hoy son más de treinta las empresas adheridas a la marca. Gran trabajo y gestión.

01 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.