Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boiro ambienta este Nadal con concertos, cine e teatro

Na Praza de Galicia haberá unha carpa solidaria con actividades durante todo o día para recoller alimentos destinados a Cáritas

O Concello de Boiro deseñou unha ampla e variada programación para este Nadal, composta de concertos, espectáculos infantís, festivais e ata unha carpa solidaria. As actividades comezaron co acendido do alumeado e continúan esta fin de semana coas festas patronais de Santa Baia, cine, teatro, obradoiros infantís e a iniciativa Papá Noel Solidario, para recadar fondos a beneficio da Fundación Andrea (o vindeiro domingo día once ás 17.00 horas no pavillón da Cachada).

“Deseñamos un programa para todos os gustos e pensado para todos os públicos. Son datas para que os nenos e nenas desfruten, pero non nos quixemos esquecer da mocidade nin dos adultos”, sinalou a concelleira boirense de Cultura, María Outeiral.

O sábado día 10 haberá ás 12.00 horas un obradoiro infantil na biblioteca municipal; ás 12.30, a gala de entrega dos Premios Barbantia da Cultura no Pazo de Goiáns; e a partir das oito e media da tarde será o espectáculo G-Alsa da compañía Teatro do Improvisto na casa da cultura.

O venres 16 ás 17.30 terá lugar o espectáculo O chimpo de ra, de Raquel Queizás, no centro social de Cabo de Cruz; e ás 20.00 horas, a peza de teatro musical A casa das cancións, na casa da cultura.

tres festivais. O sábado 17 será, ás 18.30 horas, o festival da agrupación Xilbarbeira, tamén na casa da cultura; e ás 20.30 haberá o ciclo de cine Mestre Mateo no centro social. O domingo 18 celebrarase outro festival, neste caso da asociación de veciños de Abanqueiro, ás 17.30, e media hora despois, o da entidade Cen Pliés, nas instalacións da casa da cultura.

O venres 23 comezarán as actividades na carpa solidaria, que estará instalada na Praza de Galicia, con concertos e propostas lúdicas durante todo o día para a recollida de alimentos destinados á agrupación local de Cáritas.

chocolatada. Ademais, ás 11.00 terá lugar a actuación de ballet de Cen Pliés; ó mediodía, o espectáculo O apalpador e monifates; ás 13.00, a actuación da Escola de Música de Boiro; ás 14.00, a sesión musical co DJ Matrek; ás 16.00 h., un serán solidario; ás 18.30, unha chocolatada organizada polo grupo Turbina; ás 19.00, a actuación da Banda de Música Municipal de Boiro; ás 20.00, unha sesión musical a cargo de Bruno DJ; e ás 21.00 horas unha actuación do grupo local The Cuncas.

micro aberto. A partir do luns 26 haberá na carpa espectáculos infantís e para a mocidade, incluíndo varios concertos. Así, o luns 26 celebrarase ás 17.00 horas unha sesión de micro aberto. O martes 27, ás seis e media da tarde, será o turno do espectáculo infantil Mamá Cabra.

Para o mércores 28 á mesma hora está programada unha gala navideña de circo a cargo de Pista Catro, que se repetirá o xoves 29 (ese día ás oito da tarde poderase desfrutar tamén da actividade Cine Club Coral, consistente nun concerto de bandas sonoras de coñecidas películas).

gala de circo. O venres 30, a compañía Pista Catro voltará ás 18.30 coa gala de circo navideña, e ás 22.00 será o concerto de Sabela King e The Heartbreakers.

Xa en xaneiro, o luns 2 ás 18.30 Raquel Queizás presentará o espectáculo Historias da maleta; o martes 3, á mesma hora, terá lugar o titulado Fartura de Nadal, de Vero Rilo; e o mércores 4 chegará o Tranvía do Nadal.

A programación de Nadal do Concello concluirá o día cinco coa Cabalgata de Reis.

delegribeira@elcorreogallego.es

07 dic 2022 / 15:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.