Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boiro organiza un curso sobre herbas medicinais

As xornadas de herboloxía inclúen saídas ó campo para ensinar onde atopalas, como recolectalas e para que se poden empregar

A herboloxía e a naturoloxía volven posicionarse no lugar que lle corresponde nos últimos anos. Os métodos naturais presentes na nosa sociedade desde a antigüidade son cada vez máis buscados por aqueles que desexan obter un estado de benestar elevado e duradeiro. O Concello de Boiro vai levar a cabo unha serie de xornadas de herboloxía no marco do programa O bosque da familia e a memoria, que ten como obxectivo ofrecer á cidadanía actividades de coñecemento e recolección das herbas de San Xoán e doutras plantas medicinais.

O concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus, e a coordinadora do instituto de herboloxía Sarela, Diana Laíño, presentaron este xoves o programa de dito ciclo, que está formado por dúas actividades formativas: unha delas, para o coñecemento das plantas tradicionais e medicinais galegas e outra, para coñecer a historia e utilidades das herbas de San Xoán.

O obxectivo da xornada das herbas de San Xoán é coñecer cales son as plantas que se empregan para realizar as augas e como se realizan.

Esta proposta consistirá nunha saída de campo en dous grupos, que terá lugar o vindeiro día dezaoito de xuño, para recolectar as herbas.

USOS TERAPÉUTICOS. A segunda actividade, de coñecemento de plantas tradicionais e mediciñais galegas, constará de tres xornadas. A primeira delas será unha presentación sobre as plantas que teñen uso terapéutico; a segunda xornada será unha saída de campo para coñecer todo o relativo ao cultivo e a recolección de plantas; e na última das xornadas explicarase ós participantes o secado e tratamento para facer un herbario.

O prazo para que as persoas que estén interesadas en inscribirse poidan facelo abrirase o vindeiro luns día 23, segundo indicou o concelleiro.

As anotacións poderanse facer a través do Rexistro Xeral ou da sede electrónica do Concello de Boiro. Toda a información e os formularios de inscrición estarán a disposición das persoas interesadas na páxina web municipal.

delegribeira@elcorreogallego.es

19 may 2022 / 18:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.