Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boiro proxecta unha nova zona verde en A Negral

O Concello propoñerá no pleno unha modificación de crédito que ascende a 386.386 € que permitiría acometer a actuación

O Concello de Boiro propón para o seu debate e aprobación no vindeiro pleno a dotación de crédito con cargo ao remanente de tesourería para a execución das obras de urbanización e realización dun parque urbano en A Negral. O alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Turismo, Carlos Muñiz, e a concelleira de Deportes, Dores Torrado, visitaron este mércores o espazo onde se proxectan as actuacións.

As obras que se pretenden realizar ascenden a un importe de 386.386,72 euros e teñen como obxectivo recuperar ambientalmente unha zona verde que conecta o núcleo urbano co paseo marítimo. “Trátase dun proxecto integral proxectado por diversas áreas municipais e que contempla zona verde, paseo, área recreativa e deportiva”, recoñeceu o alcalde.

Ademais da recuperación da contorna e espazo natural, no proxecto figura a mellora da accesibilidade coa execución de sendeiros e tamén a colocación de iluminación e mobiliario urbano, así como a instalación dunha zona recreativa e deportiva. “Vaise habilitar un espazo que completa as instalacións deportivas de A Negral, un circuíto de bicicleta duns 800 metros cadrados, moi demandado polo club ciclista e as súas escolas deportivas para a iniciación”, afirmou Torrado.

O Concello de Boiro propón para o seu debate no próximo pleno unha modificación de crédito para financiar este proxecto con cargo ao remanente de tesourería do ano 2021. “Isto vai contribuír ao pobo dun novo pulmón verde, dunha área de descanso e de ocio para a veciñanza”, afirmou o edil de Turismo.

Outro dos temas que levarán a pleno para o seu debate é a aprobación do Proxecto de renovación do grupo de bombeo e primeiro tramo na rede de abastecemento á depuradora de auga potable. A actuación, dun importe de 208.631,84 euros, será financiada con cargo ao remanente de tesourería do ano 2021.

Outro punto que propoñerá o Concello de Boiro na sesión plenaria que se celebra este xoves, será a aprobación doutro expediente de modificación de crédito para facer uso do remanente de tesourería en diversas actuacións. O orzamento ascende a 214.735,78 euros para financiar un total de cinco actuacións. Este plan de investimentos conleva a reforma dos vestiarios e acceso do campo de fútbol de Valiño, arranxo de camiños e a dotación de pluviais no Sobreiral.

22 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.