Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boiro renova o alumeado, que leva xa este ano 264 queixas

Nas últimas semanas cambiáronse luminarias en San Martiño, Mieites e Comba no marco dun plan para actuar en todo o rural

O Concello de Boiro está traballando na mellora da iluminación en todos os núcleos de poboación do rural. Nos últimos meses realizouse unha importante renovación de luminarias e aumentáronse os puntos de luz nos lugares nos que máis se necesitaba e nas zonas máis sensibles, como poden ser as inmediacións dos centros educativos ou as paradas de autobús.

Son numerosas as demandas que a diario se reciben no Concello para a mellora da iluminación a través do servizo de incidencias. Co obxectivo de modernizar o tendido e de incidir no aforro enerxético, cada vez que se funde unha luminaria cámbiase por unha nova tipo LED.

Ademais da reparación de incidencias, nas últimas semanas realizouse unha renovación integral da iluminación en diversos puntos do rural. Actuouse nas aldeas de Mieites, Comba e San Martiño co cambio de luminarias a LED e a ampliación de puntos de luz. Tamén se fixo a renovación de luminarias nos cemiterios de Cespón e Abanqueiro, na contorna e nas vías de acceso ao porto deportivo de Barraña e en diversos puntos do núcleo urbano, como é o tramo final da céntrica rúa Pablo Iglesias.

Máis da metade das incidencias notificadas correspóndense con alumeado público, polo que o Concello de Boiro reforzou o servizo co obxectivo de axilizar a resolución destas deficiencias.

Mediante o citado servizo, denominado Liña Verde, notificáronse nos primeiros dous meses do presente ano un total de 264 incidencias relacionadas co alumeado, o que supón un 50,67 por cento do total das rexistradas, das cales hai un porcentaxe de resolución dun 75 por cento.

MERCADO ENERXÉTICO. Por outra banda, un nutrido grupo de empresarios boirenses asistiron na sede da patronal local á charla impartida polo consultor enerxético Diego Carnés, delegado do Grupo ae2000, que lles explicou de maneira clara e sinxela os moitos cambios que tiveron lugar no mercado enerxético e que derivaron nas actuais facturas de importes desmesurados que están a recibir tanto empresarios como particulares.

delegribeira@elcorreogallego.es

30 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.