Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boiro Ruído suma as sinerxías de artistas locais e dos de fóra

Actúan este xoves na Pousada Garza, Lume e Death Whistle e o venres, Crnds, Nüca e Juait // O chef Miguel Mosteiro ofrecerá unha degustación de pinchos

Unificar as sinerxías das iniciativas artísticas e culturais do municipio coas que chegan de fóra, e poñer en valor o traballo das persoas, colectivos e sectores que apostan por elas e polo emprendemento local son os obxectivos do proxecto Boiro Ruído, presentado este mércores nun acto presidido pola concelleira de Cultura, María Outeiral.

A iniciativa, que xurdiu a raíz das actuacións das bandas locais Triángulo de Amor Bizarro e Agoraphobia no local A Pousada, busca darlle un valor engadido aos concertos coa participación doutras figuras da cultural local.

Na primeira edición de Boiro Ruído contouse coas tendas Baldani, Da Ría Luv e a galería de arte La Doce, e houbo tamén unha sesión DJ de Brenlla e Youcanthide.

O Concello súmase agora a este proxecto para crear sinerxías entre as propostas que programa con aquelas promovidas por outros axentes. “Boiro é un pobo moi dinámico culturalmente, polo que dende o Concello queremos apoiar e promover todas aquelas propostas culturais e emprendedoras para poñer en valor o traballo que se está a realizar neste eido”, afirmou a concelleira de Cultura.

Así, este xoves 14 terá lugar a segunda edición de Boiro Ruído, que conta coa colaboración do Concello e tamén de Esquío, unha axencia de artistas emerxentes.

Ás 20.00 horas haberá unha actividade previa no establecemento Mon Ferbal, onde terá lugar unha sesión a cargo de DJ Marco, e ás 21.30 horas darán comezo os concertos de Garza, Lume e Death Whistle no local A Pousada da Galiza Imaxinaria.

O venres día 15 a previa terá lugar en Gastrolab Arousa, o local do chef boirense Miguel Mosteiro, ás 20.00 horas, con degustación de pinchos e sesión de Músculo DJ Set.

Posteriormente, ás 21.30 horas, comezarán na Pousada da Galiza Imaxinaria os concertos dos grupos Crnds, Nüca e Juait. As entradas en taquilla para un día custan 12 euros, e as anticipadas, 10.

Esta segunda edición de Boiro Ruído contará tamén co traballo audiovisual de David Pouso Alonso, de Kracia, e Diego Rodríguez Bermo, de The Void Estudio, que se ocuparán de gravar e de fotografar os espectáculos.

13 abr 2022 / 19:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.