Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boiro urbaniza a rúa Tenencia e A Pobra renova a do Castelo

Licitada tamén a mellora do último treito da vía Pesqueira de Cabo de Cruz // As obras boirenses inclúen redes de pluviais

O Concello de Boiro sacou a licitación o proxecto para completar a urbanización das rúas Tenencia e Pesqueira por un importe de 100.546,56 euros. As actuacións forman parte do Plan Único Concellos (POS+ 2022) da Deputación Provincial da Coruña.

O proxecto que se atopa en fase de presentación de ofertas ten como finalidade establecer as especificación técnicas para a execución da urbanización dos tramos finais das rúas Tenencia e Pesqueira cun novo pavimento similar ao do entorno e mellorar a rede de pluviais para garantir unhas condicións axeitadas neses entornos urbanos.

No tramo da vía Tenencia, no centro urbano de Boiro, vaise levantar o pavimento existente para a execución dunha nova rede de recollida de pluviais e vaise realizar a execución dun novo pavimento de lastros de formigón e lousas de pedra para a regulación de rasantes.

Na vía Pesqueira, no núcleo de Cabo de Cruz, vaise realizar unha nova rede de recollida de pluviais e un novo pavimento de lastros de granito e lousas de pedra.

As empresas interesadas poden presentar as ofertas ata o día 14 de setembro a través da Plataforma de Contratación do Sector Público.

Tamén o Concello da Pobra iniciou melloras nunha céntrica rúa da vila: a do Castelo, na súa conexión coa estrada comarcal AC-305, que está sendo obxecto dunhas obras de reparación que rematarán antes das Festas do Nazareno, ao ser unha das vías polas que transcorrerá a procesión das mortallas.

A concelleira de Servizos Municipais, Estefanía Ramos, explicou que os traballos consisten no corte do pavimento, a fresadura, o envío do sobrante a un vertedoiro autorizado, a extensión de formigón e a colocación de pedra similar á xa existente na contorna e tapas nos rexistros de recollida de augas pluviais.

A empresa que se atopa executando esta intervención é Fermín Simal S.L. e o orzamento é de 8.839 euros, con cargo ás arcas municipais.

É unha das primeiras actuacións ao abeiro do crédito de 300.000 € aprobado no pleno. Comezarán outras nas vindeiras semanas ata, cara á fin de ano, esgotar a partida destinada a pavimentacións.

07 sep 2022 / 17:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.