Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boyanka, DJ Enter e DJ Dumore o 9 no SolporSon amesán

Os concertos chegarán ata o campo da festa de Biduído // Faranse por petición da mocidade

Biduído, e máis en concreto o seu campo da festa, van tremer ca potencia que este ano ten preparado o festival SolporSon de Ames 2022 o 9 de xullo. Unha edición que chega con importantes novidades e co obxectivo de responder ás demandas da mocidade amesá. Na presentación desta edición 2022 participaron Escarlata Pampín, concelleira de Mocidade; Pilar Villaverde, técnica de Mocidade; Alberto Beiro, director de Go Proyect e tamén DJ Enter, un dos DJ máis aclamados do panorama nacional, e que participará na Holi Party.

Abriu, precisamente, a edil de Mocidade, Escarlata Pampín, lembrando este SolporSon 2022 é froito das demandas da rapazada: “É unha edición que está pensada en base ás suxestións que nos chegan da mocidade. Dende a Holi Party que realizou a Comisión de festas de Ortoño en 2019, a mocidade trasladounos que tiña ganas de máis, que querían unha Holi Party. Entón quixemos darlle unha volta ao SolporSon deste ano, e que comezara con esa Holi Party tan demandada”. E engadiu “Dábanos pena quedarnos nesa Holi Party e non poder desfrutar de música ao vivo; entón xurdiu a idea de facer un concerto de Boyanka Kostova para pechar a festa e desfrutar da música deste dúo que vai sorprender coa súas cancións cheas de retranca”.

Con todo, a concelleira non se esqueceu da esencia coa que naceu o SolporSon que é a de lle dar pulo aos conxuntos que ensaian na Factoría ao longo do ano “Estamos argallando a posibilidade de facer un festival exclusivo para os grupos que ensaian na Factoría para darlles esa difusión e dar a coñecer o seu traballo e a súa música. Este ano era moi complicado darlle encaixe coa Holi Party, pois había moitas complicacións técnicas pero antes de que remate o verán terán o seu propio festival”, trasladaba.

DÚAS PARTES. Este SolporSon 2022 vai ter dúas partes moi ben definidas, como explicaba Alberto Beiro, director de Go Project. “A Holi Party é un evento moi participativo e que funciona moi ben entre a mocidade. Dende a organización lanzaremos 150 quilos de pos para que a xente remate chea de cor. Son uns pos –tipo area fina– biodegradables e que non fan ningún tipo de dano, simplemente aseguran a diversión. Será un espectáculo moi grande con dous DJ de primeiro nivel: Dumore, que é un dos DJ máis aclamados do panorama nacional e DJ Enter que pincha nas mellores salas de Galicia. Ao remate da festa, e tras un paro de media hora, comezará BoyanKa Kostova, moi coñecido pola mestura de cumbias con música electrónica”.

DJ Enter aproveitou a presentación para dar unha pincelada do que será a súa actuación “Pincharemos música urbana que é o que lle gusta á mocidade e tamén música latina, pero sobre todo haberá moita animación para que a mocidade salte, baile e se manchen uns aos outros”, aseguraba.

A festa dará comezo ás 18.30 cunha Holi Party. Ao longo de tres horas haberá tiradas programadas de pos de cores para que a mocidade desfrute saltando, bailando e manchándose uns aos outros. O espectáculo de cores completarase coa sesión de dous dos DJ´s máis aclamados do panorama nacional Dumore e Enter. Xa ás 22.30 chega a quenda da música en directo co concerto de Boyanka Kostova. Cibrán García e Chicho son considerados os pioneiros do trap en galego, coas súas cancións encherán a parroquia de Biduído dos seus ritmos urbanos e das súas letras cheas da máis pura retranca galega.

E, neste caso, a organización parece ter pensado en todo, xa que para evitar calquer problema de tráfico, quenes o desexen terán para asistir ao festival un servizo de buses dende o Milladoiro e Bertamiráns co obxectivo de que a mocidade poida acudir e volver á Holi Party e ao concerto sen necesidade de utilizar un vehículo propio.

04 jul 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.