Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Buño carga as pilas para acoller outra Mostra de Olería

A Mostra de Olería de Buño volve un ano máis, e farao dende o xoves día 4 ata o domingo 7 de agosto, en Buño, conservando a esencia da mostra, combinando tradición, modernidade e grandes doses de novidades.

A inauguración desta 38 edición será ás 12.00 horas o xoves 4 de agosto. Con posterioridade inaugurarase a exposición de carteis A mostra no tempo. Unha demostración no torno e o peche das casetas ás 14.00 horas darán por finalizada a mañá deste primeiro día. Ás 17.00 horas volverá a apertura das casetas ata chegadas as 21.00 horas. Namentres, os obradoiros de decoración de pezas, os pasacalles e os contacontos amenizarán a tarde.

O venres 5 de agosto abriranse as casetas ás 11.00 ata as 21.00 horas cun pequeno receso dende as 14.00 ata as 17.00. Seguirán as demostracións no torno na Praza de Santa Xusta ás 13.00, e ás 19.00 horas haberá obradoiros de decoración de pezas.

Pasacalles, charanga e un obradoiro infantil conformarán esta nova tarde que ademais contará coa presentación do libro Buño de seu, da autora María Barca, ás 20.15. O día rematará coa actuación musical Tres soles del Paraguay con Sito Sedes, ás 23.00.

O día nomeado como Báilalle a roda será o sábado 6, un dos máis completos de todo o programa, que comezará ás dez da mañá coa ruta Olería de Buño a cargo de Volta Montana. A Mostra permanecerá aberta en horario ininterrompido ata as 22.00 horas, do mesmo xeito que continúan as demostracións no torno, os obradoiros de modelaxe de pezas e a presentación dun libro, do autor Xosé María Varela Varela. As novidades serán os obradoiros de baile tradicional, tanto de mañá como de tarde.

O día divídeo unha sesión vermú da man de Ailá e péchano unha gran queimada popular e os fogos de artificio ás 01.00 horas. Ademais, contarán con emisión en directo, a través da emisora de radio Novahit os días cinco e seis de agosto, dende as 10.00 ata as 21.00 horas.

O domingo día 7 de agosto, o fútbol tamén terá o seu lugar no torneo feminino Mostra de Olería. A mañá virá seguida de demostracións no torno e unha representación teatral-musical. De novo unha sesión vermú amenizará Buño arredor das 14.00 h.

A tarde do último día volverá comezar con fútbol, desta vez co torneo masculino. Xogos tradicionais de Buño con barro, demostracións no torno e pasarrúas amenizarán a tarde, ata o seu peche ás 21.00 horas, coincidindo coa clausura da emblemática Mostra da Olería de Buño.

comarcas@elcorreogallego.es

31 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.