Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
A parroquia de Malpica reviviu o seu festexo máis popular durante catro días // O balance resultou moi positivo tanto en ventas como en visitas // A maior afluencia de xente deuse durante a fin de semana // Non faltaron os obradoiros, as actuacións musicais e as presentacións de libros TEXTO Claudina Estévez

Buño celebrou a olería na Mostra

Dende o día 4 e ata o domingo 7, Buño reviviu o seu festexo máis famoso. Foron unhas xornadas nas que a parroquia de Malpica de Bergantiños recibiu centos de visitantes na Mostra de Olería “que está máis viva que nunca tras dous anos de pandemia”, según fontes municipais.

A xornada do xoves foi a sesión inaugural e tamén se puido visitar a exposición de carteis A mostra no tempo. Houbo demostración no torno, obradoiros de decoración de pezas, pasarrúas e contacontos. Xa o venres seguiron as demostracións no torno na Praza de Santa Xusta ás 13.00 e ás 19.00 horas, os obradoiros de decoración de pezas, pasarrúas, charanga e un obradoiro infantil. Presentouse asemade o libro titulado Buño de seu, da autora María Barca, ás 20.15 horas. A xornada remataba coa actuación musical de Tres soles del Paraguay.

O sábado iniciouse ás 10.00 horas cunha Ruta de Olería polo patrimonio histórico. Cristina Collazo foi debullando os segredos da artesanía de Buño aos participantes da mesma. Ao longo da xornada fóronse desenvolvendo os cursos de moldeado de pezas e de baile e tamén se desfrutou das creación en vivo do oleiro David Cambón. Ás 12.00 horas foi o quenda da presentación do libro de Dolores Cancela, Cancioneiro de Buño. Ailá foi a encargada de animar a concorrida sesión vermú.

A xornada finalizaba co Báilalle a Roda, no que actuaron a Asociación Cultural Raigañas, a A.C.D. Carcaxía, o Grupo Os Petadores, Os Atrevidos do Alprende, o Grupo Arrancadeira e, para rematar, a A.C. Malante. Xa o último día, o domingo, tivo un gran protagonismo o fútbol.

Dende o goberno local indicaron que a 38 edición da Mostra chegou ao seu fin cun balance moi positivo en ventas e visitas, sobre todo na fin de semana, con momentos de moita afluencia. “Queremos agradecer o apoio da Deputación da Coruña para poder facer posible a Mostra máis completa dende a pandemia e, sobre todo, que a xente se anime a seguir vindo a Buño”, sinalaron.

09 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.