Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 01 octubre 2022
18:30
h

Caldas e Deza Tabeirós terán axuda á mellora do patrimonio

O departamento de Patrimonio da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o reparto de 376.824,55 euros en axudas para proxectos de rehabilitación do patrimonio histórico cultural en toda a provincia. En total financiaranse 47 actuacións de posta en valor da riqueza patrimonial en concellos de todas as comarcas mediante a súa recuperación e mellora. Deste total, as comarcas de Área, Deza Tabeirós e Caldas recibirán preto de 55.000 euros para dez proxectos.

Segundo explica a deputada de Patrimonio María Ortega, a partida inicialmente destinada ás subvencións ascendía a 300.000 euros, mais incrementouse en case 77.000 euros co fin de financiar a maioría das actuacións na súa totalidade. De feito, todos os concellos reciben a cantidade económica solicitada salvo tres, Meis, Gondomar e Redondela, que reciben cifras moi superiores á media, por enriba dos 21.000 euros.

No que respecta á comarca do Deza-Tabeirós, ingresará 33.629,68 euros para seis proxectos que beneficiarán a: Agolada, 3.272,69 euros para a sinalización da ponte dos Cabalos (100 % do orzamento); Cuntis 3.408,10 euros (100 %) para a sinalización da senda fluvial dos ríos Gallo e Umia; Forcarei, 3.468,42 euros (92,17 %) para a conservación ambiental e paisaxística do castro de Garellas; Lalín, 17.787 euros (100 %) para a mellora da capela de Santo Adrao; Silleda, 5.469,20 euros (100 %) para a mellora da contorna da fonte da Virxe xunto á capela de San Brais en Chapa, e Vila de Cruces, 3.692,69 euros (99,99 %) para a sinalización do patrimonio histórico cultural do municipio.

Pola súa banda, na comarca de Caldas os fondos para proxectos de mellora do patrimonio chegarán a catro concellos, cun valor que ascende aos case 21.000 euros (20.993,5 €): Caldas de Reis 4.041,40 (100 %) para a restauración do límite urbano da praza entre as rúas Real e da Igrexa; Catoira, 5.989,50 euros (100 %) para a sinalización e posta en valor dos petróglifos de Pedras Minas; Moraña, 8.107 euros (100 %) para a elaboración e instalación de paneis informativos do patrimonio histórico cultural do municipio, e en Portas, 2.855,60 euros (100 %) para a sinalización do patrimonio xeral no municipio.

05 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.