Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 09 diciembre 2022
02:15
h

Caldas: última parada da mostra ‘Camiños do sur’

Esta exposición itinerante poderase ver ata o 22 de setembro // Inclúe un mapa cos percorridos das rutas de Santiago que proceden de Portugal e atravesan a provincia de Pontevedra

Ata o 22 de setembro a Deputación de Pontevedra amosa en Caldas a exposición itinerante Camiños do sur, que impulsa no marco do proxecto europeo Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular para pór en valor o patrimonio natural e cultural das vías transfronteirizas da provincia cara a Compostela, en concreto o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa.

A Praza do Camiño do concello caldense é a última parada desta mostra, que foi inaugurada polo alcalde, Juan Manuel Rey, e o deputado Manuel González despois do seu paso por Pontevedra, Baiona, Tui e Redondela.

Camiños do sur, que pola noite alumeará a Praza do Camiño a través dun cubo retroiluminado coa imaxe da mostra, inclúe un mapa de gran formato cos percorridos dos camiños de Santiago que proceden de Portugal e atravesan a provincia de Pontevedra. Tamén presenta, en diferentes taboleiros, información relativa ás paisaxes, ás vilas e cidades, persoas e culturas a carón dos roteiros, deténdose nos percorridos e datos históricos, contrastes, relacións, similitudes, patrimonio, tradicións e gastronomía. O obxectivo da proposta é enxalzar a súa natureza e as oportunidades de desenvolvemento económico e social sostible que xeran.

O proxecto Camiños Xacobeos do oeste peninsular, no que se enmarca a exposición, ten un orzamento de 2,5 millóns, cofinanciados polo FEDER ao 75 %, e busca impulsar o patrimonio do Camiño a través de infraestruturas nas vías cara a Compostela que atravesan o oeste da Península, como o Camiño Mozárabe, o da Costa, a Vía da Prata ou o Portugués. Xunto á de Pontevedra participan as deputacións de Badaxoz, Cáceres, Cádiz, Córdoba, Huelva, Sevilla, Ourense e Zamora, a Xunta de Estremadura, e, de Portugal, Turismo do Alentejo, Turismo do Centro e a Cámara Municipal de Barcelos.

24 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.