Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Calidade turística Sicted para 15 establecementos de Área

Santa Comba acolle a entrega a locais hostaleiros e de aloxamento de Boqueixón, Teo, Barcala, Xallas, Vedra, Dubra, Brión e Ames

Unha andaina pola contorna da fervenza de Castriz, en Santa Comba, precederá este martes a entrega dunha nova remesa de diplomas Sicted, selo que garante a calidade turística en destino, a unha quincena de establecementos localizados no ámbito do GDR-19 Terras de Compostela. Ao acto asistirán a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a alcaldesa de Santa Comba, María Pose; o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal; o subdirector de Agader, Moisés Blanco; e a presidenta do GDR, Guarina Rey.

Os establecementos distinguidos, entre os que se atopan nesta ocasión sobre todo locais de restauración e aloxamento, recibirán o premio ao seu esforzo por participar nunha formación pola que Terras de Compostela “leva apostando dende o ano 2019 e que garante un servizo homoxéneo e de excelencia para mellorar a experiencia de todas as persoas que visitan o territorio e conseguir que volvan e o recomenden”, din.

O acto de entrega dos diplomas Sicted (Sistema Integral de Calidad Turística Española en Destino) comezará ás once da mañá coa recepción das persoas asistentes para iniciar, media hora despois, unha andaina circular de ao redor de 4 quilómetros pola zona para entregar logo os diplomas, ás 12.30 horas.

Os establecementos que reciben diploma son Casa Abelleira e Hotel Payro (Ames); Apartamentos A Carballeira do Tambre e Pazo de Cores, da Baña; O Balado, Boqueixón; Hotel Balneario Compostela e Balneario Compostela, Brión; Casa Paramos, de Dubra; Casa do Gabino, Talladas Gastrobar e Hotel Xallas, Santa Comba; Moradas do Ulla, Teo; Casa Barqueiro, Negreira, e Pazo de Vista Alegre e Pazo Cibrán, Vedra.

19 sep 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.