Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Camariñas e La Turballe, dous concellos unidos pola súa exquisita gastronomía

Presentaron na Mostra do Encaixe un receitario con corenta propostas // Inclúe historias da veciñanza dos dous municipios

As receitas máis tradicionais e tamén as máis modernas de Camariñas e do concello francés de La Turballe chegaron á pasarela da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas, onde se presentou o receitario La Turballe e Camariñas comparten mesa. Unha publicación que é o froito dun traballo conxunto de persoas de ambas localidades.

No acto participaron a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro; a presidenta da Asociación La Turballe – Cap Camariñas,Dominique Floc’h; e a concelleira de Servizos Sociais, Begoña Tajes. Liñeiro asegurou que á “un proxecto precioso porque une dúas culturas irmandadas a través das súas gastronomías” e Floc’h subliñou que o libro “es una invitación a viajar por ambas comarcas”. “Este recetario no son solo 40 recetas alrededor del pescado y de los mariscos, es también la oportunidad de celebrar el quinto aniversario del hermanamiento”, engadiu.

O receitario da a coñecer a tradición e a historia de Camariñas e La Turballe a través de receitas, explicadas por veciños e veciñas, que pasaron de xeración en xeración con propostas de sabores que “evocarán lugares, persoas e incluso instantes”.

Entre as receitas destacán o Paté de sardinas, por Jacky Trimaud, pescador xubilado de La Turballe; as Tiras de calamares e tentáculos con manteiga de tomates, por Xavier Chevallier, chef do restaurante Le Terminus de La Turballe; o Jurel empanado con cacahuetes e tartar de tomate, pepino, albahaca e menta, por Thomas Barreau, especialista en cociña sustentable de La Turballe; os Fideos fritos con verduras, marisco e algas, por Maika Campos, cociñeira e xerente do Bar Curbeiro; os Calamares recheos, por Dorita García Carril, encaixeira e presidenta da Asociación Rendas, de Camariñas; e o Revolto de caviar de ourizo de mar, por Gemma Pedreira Allo, responsable de producción de Conservas Leticia.

Ademais de receitas o libro recolle historias de persoas de ambos municipios, que falan da tradición mariñeira de Camariñas e La Turballe dunha forma directa e emotiva, co desexo de compartir cos lectores o forte vínculo entre os dous pobos.

Pola súa banda, na mañá do sábado subiron por última vez á pasarela da XXXI Mostra do Encaixe os 12 os artesáns do desfile de ArtEncaixe, que chegaron de diferentes puntos de Galicia para demostrar que o encaixe é versátil e pode adaptarse a diferentes materiais. Tamén subiron á pasarela as nenas e nenos das Escolas de Palillo de Camariñas que protagonizan os desfiles do PequEncaixe. Todos eles recibiron un agasallo de parte da organización, como recoñecemento ao traballo que levan a cabo durante todo o ano e para que continúen incluíndo o palillo e o encaixe no seu día a día, asegurando así o futuro da Mostra e da tradición.

Non faltaron tampouco a música, da man das cantareiras O Cansorriño, os desfiles de grandes firmas, o concurso de Noveis Deseñadores e o encontro entre noveis e grandes deseñadores. Ademais, Xabier Díaz ofreceu no recinto feiral da Mostra un pequeno adianto do concerto previsto para a noite na Praza do Mercado de Camariñas.

Vía Céltica

A Mostra do Encaixe serviu tamén de escenario o venres para a presentación do libro Vía Céltica. Os Camiños de Santiago por Santa Comba, que inclúe a Camariñas como un dos puntos de paso deste itinerario de peregrinación. No acto participaron a alcaldesa, Sandra Insua; o presidente da Asociación Costavales, editora da publicación, Manuel Amigo; e o coautor da obra, Joám Evans Pim.

A rexedora destacou que “temos argumentos que nos din que Camariñas pode formar parte do Camiño de Santiago e vamos ir con todo porque isto pode ser un filón e un revulsivo para o Concello e para o sector da hostalería e do comercio”. Pola súa banda, Manuel Amigo, subliñou que “en dous anos conseguimos a Compostela, algo que outros tardan ao redor de 15” e asegurou que “agora tócanos sinalizalo e promocionalo a través de andainas e eventos para que a xente o coñeza”.

Olaría de Buño

O Concello de Malpica tamén está a aproveitar o marco da Mostra do Encaixe como espazo promocional da olaría de Buño. Ademais de contar cun stand propio, dende a concellería de Turismo, que dirixe Alfredo Cañizo, optaron tamén por participar nos desfiles de ArtEcanixe aportando pezas elaboradas polos oleiros do Obradoiro Gorín, O Rulo, Alfarería Lista e o Taller de Feituras.

17 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.