Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 07 diciembre 2022
13:43
h
A Fundación que ostenta o nome
do Premio Nobel organizou varias actividades en torno ó escritor na primeira quincena de maio TEXTO M. Boo

Camilo José Cela revive no Letreseo

Durante esta primeira quincena do mes de maio a Fundación Pública Galega Camilo José Cela ven de celebrar o xa coñecido Letreseo, a Semana das Letras no Museo coa que a institución padronesa pretende conmemorar o aniversario do nacemento de Camilo José Cela (11 de maio), o Día das Letras Galegas (17 de maio) e o Día Internacional dos Museos (18 de maio).

Este ano, ademais conmemórase o 20 aniversario do pasamento do premio Nobel, polo que este Letreseo veu cargado de actividades para tódolos públicos dende o luns 9 de maio ata o día 20 deste mesmo mes.

O día 9 de maio tivo lugar o primeiro dos Escape Room programados para os institutos de Padrón xunto con Arenaria Coordinación. Os días 10, 11 e 12 de maio as escolas unitarias e os máis pequenos dos CEIP de Padrón puideron desfrutar do espectáculo de Pakolas titulado Cores, Contos e Rock´n´Roll con Ramona Órbita xunto coa ilustradora Laura Romero.

Continuaron as actividades o 11 de maio, día do aniversario do nacemento do escritor, con unha ofrenda floral na que participaron distintas autoridades entre as que se atopaba o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen despois participou nunha lectura pública do libro de memorias infantil de CJC, A rosa, organizada polos Instituto de Padrón (o Instituto Camilo José Cela e o Instituto Macías o Namorado) e polo Colegio SEK Atlántico de Pontevedra; e xa pola tarde realizouse unha visita teatralizada á sé do museo en Iria Flavia a cargo de Suso Martínez como Matías Martí, O inventor de palabras, na que rendiu unha homenaxe ao seu amigo Pedro Brandariz, falecido en febreiro e co que tiña previsto un espectáculo en torno a Camilo José Cela.

Finalmente, o 18 de maio tiveron lugar as IV Tertulias Clandestinas organizadas polo Concello de Padrón, esta vez nos xardíns do Museo Camilo José Cela e na que, xunto con Jose Antonio Ponte Far, e coa presencia de Camila Trulock Bertorini, os asistentes puideron achegarse dunha forma máis directa e máis humana, case clandestina, a un Camilo José Cela descoñecido: o Camilo José de ti a ti.

26 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.