Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 08 diciembre 2022
06:43
h

Caravana teense máis andaina en Negreira contra a violencia

Esta semana haberá lectura de manifestos, certámenes e teatro

Os municipios da comarca están a divulgar os seus programas contra a violencia de xénero. En Negreira incluirán este sábado, 26 de novembro, a súa décima andaina, organizada polo Concello, despois da que se entregarán os premios do XII certame Loita contra a violencia de xénero de relatos, curtas e cartaces. E pola súa banda, en Teo dan conta da posta en marcha dunha caravana lila, que acudirá a actos a ofrecer información, así coma teatro e talleres sempre na presente semana.

En concreto, o vehículo teense concibiuse coma un centro de información á muller itinerante que se usará en eventos para concienciar e traballar no tema da igualdade, buscando tamén visibilizar o funcionamento do CIM local. Deste xeito, a caravana lila estará (sempre de 10.30 a 13.30 horas) este martes na zona da Mediateca do Grilo (Cacheiras); o mércores 23 nos Tilos, na zona da biblioteca pública; o xoves 24 na Travesía de Reborido, preto do linde co Milladoiro, e o 25 diante da casa do concello.

Ademais, este mércores 23 ás 19.00 horas representarase a obra Golpes con Estíbaliz Veige, e o venres 25, sobre ás 21.00 horas, lerase o manifesto institucional e Redrum Teatro presentará o seu espectáculo Invisibles, tamén no auditorio da Ramallosa e con anotación na web.

Finalmente, haberá ciberquedadas ca Deputación, e o 26 de novembro e 10 de decembro ofrecerase na biblioteca dos Tilos, de 10.00 a 13.00 horas, dúas sesións sobre autocoñecemento e saúde sexual (tamén con anotación na web municipal).

E no que atinxe a Negreira, a andaina sairá ás 10.00 horas dende o sociocultural e ata Covas (anotacións nos teléfonos 881 035 155 ou no 881 035 154). Xa ás 13.00 horas levarase a cabo a entrega de premios do XII Concurso Loita contra a violencia de xénero na praza do Concello.

O prazo de presentación, de traballos para este certame será no propio CIM, e remata o día 24. Deben axustarse á loita contra a violencia en calquera das súas manifestacións, incluíndo os efectos.

21 nov 2022 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.