Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carballo e Laracha levan a Cervo o seu modelo de reciclaxe do lixo orgánico

Os concellos de Carballo e A Laracha exerceron como modelo na implantación do contedor marrón para a recollida de orgánicos na Semana Europea da Prevención de Residuos que se celebra en Cervo. Ata a mariña lucense desprazáronse os tenentes de alcalde da Laracha, José Ramón Martínez, e de Carballo, Lois Lamas, para expoñer as experiencias prácticas dos dous municipios, que foron pioneiros en Galicia na implantación destes novos colectores.

Martínez Barbeito detallou as accións informativas e divulgativas levadas a cabo polo Concello larachés desde meses antes da posta en marcha do servizo en febreiro de 2020, o bo uso por parte da cidadanía dos colectores marróns, que se reflicte na baixa porcentaxe de impropios que se depositan neles (un 5 % segundo a última caracterización realizada por Sogama), e os beneficios que está a significar nos aspectos medioambiental e económico pola máis eficiente xestión dos residuos.

A xornada concluíu cunha visita guiada ás obras da planta de biorresiduos que se está a construír en Cervo.

25 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.