Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carballo incorpora preto de cinco millóns do remanente para novos investimentos

Primarán as melloras viarias, saneamentos, abastecementos e a ampliación do cemiterio municipal // Aprobarase en pleno na sesión do vindeiro luns, día 27 de xuño

A Corporación de Carballo reunirase o vindeiro luns día 27 para incorporar ó orzamento municipal 4.729.912,88 euros do remanente de Tesourería co fin de destinalos a investimentos, segundo avanzou o alcalde, Evencio Ferrero.

Entre os proxectos a desenvolver están a accesibilidade peonil no barrio das Flores e rúa Perú (290.859,80 €), beirarrúas na contorna urbana (167.892,34 €), o acondicionamento do aparcamento e a sinalización no polígono de Bértoa (106.717,97 €), actuacións de desenvolvemento do PXOM (rúas Castro Chané, en Bértoa e Neptuno, en Razo, 45.000 €), obras do convenio con Augas de Galicia (San Martiño, Muíño do Quinto e A Cepeira, 99.433,24 €), actuacións de desenvolvemento do PXOM (sistema xeral VI1, 215.000 €), a Praza de San Miguel de Vilela (250.000 €), o acondicionamento da praza de Outeiro-Sísamo (45.000 €), e a adaptación á aliñación do edificio da antiga estación de trolebuses polo lado oeste (32.084,25 euros).

Tamén se contemplan as reurbanizacións das rúas Labarta Pose, Murguía, Otero Pedrayo (355.955,40 €), Ourense e Baños Vellos (81.091,50 €), ademais da pavimentación do entorno da igrexa de Cances da Vila (126.156 €), as beirarrúas en Ardaña (175.000 €), o acceso ao local social de Lema (30.000 €), as redes de saneamento e abastecemento en Cambre de Lema e Cambrelle (103.130,50 €) e na parroquia de Bértoa (39.000 €), e os abastecementos de auga potable dende Santa María de Ardaña ata Canosa-Rus (liquidación, 16.161,22 €) e á baixa de Sofán (POS+ Complementario, 88.890,86 €).

Inclúense asimesmo partidas para o saneamento do Igrexario de Lema a Arnados (184.446,94 €), melloras do saneamento na zona urbana (173.622,10 €), a dotación de papeleiras de reciclaxe nos edificios públicos (6.000 €), a primeira fase de ampliación do cemiterio municipal (302.682,94 €) e a inclusión de puntos de luz de na rede municipal (227.467,40 €).

O goberno local proxecta tamén reformas integrais dos parques infantís de Bértoa (150.000 €) e Razo (146.125,14 €) e a dotación doutro na zona de Artes (12,898,48 €).

Por outra banda, no mantemento e conservación do firme do paseo do Anllóns investiranse 137.026,90 € e nas zonas verdes 42.971,14 €. Asemade, destinarán 10.000 € a mellorar a accesibilidade ás praias, e 24.500 € á sinalización dos accesos a Razo e Baldaio. Na adquisición de bases e soportes para os colectores de lixo investirán 40.000 €, na mellora das zonas verdes 86.000 €, na Ruta das Férvedas 20.000 €, no mantemento do edificio Fórum Carballo 50.000 €, e na segunda fase do centro social de Xoane-Goiáns outros 96.922,45 €.

O goberno carballés planea tamén a ampliación do circuíto de motocross (50.000 €), a reforma do campo de fútbol de Sofán (298.000 €) e o equipamento para instalacións deportivas (187.200 €).

Por outra banda, dedicarán 8.000 euros ao subministro de enerxía eléctrica do mercado de abastos e 60.000 euros ao servizo de xerencia, mentres que a reforma parcial dos almacéns municipais requirirá de 15.676,31 euros.

Tamén reservarán 25.000 € para pagar intereses, 15.000 para o convencio coa Cámara de Comercio, 23.000 para ferramentas de rescate de Protección Civil e 70.000 para investimentos en vías publicas.

24 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.