Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carballo Interplay une ás voces máis relevantes da Internet no eido nacional

Cultura, activismo e humor serán os eixos do festival ata o día 9 // Hoxe o Mercado acolle un directo do programa Gen Playz

O Carballo Interplay botou a andar este mércores e, ata o sábado día 9, será o referente da creación dos contidos dixitais máis punteiros e comprometidos. Dende o corazón da Costa da Morte ofrecerá unha coidada selección das voces máis potentes da cultura, o activismo e o humor da Internet estatal.

Este ano o festival galego pon o foco nos proxectos que empregan a rede como unha ferramenta para mellorar o mundo e sobre todo aquelas propostas que apoian a cultura e o activismo e fomentan conversas sobre a saúde mental e a igualdade en todos os ámbitos e a xustiza social.

Na Sección Oficial seleccionaron 16 das mellores series web do mundo, e o programa profesional reúne ás principais productoras de podcast estatais e a grabación do programa Petiscos no Derby propicia o encontro entre coñecidos rostros e voces da cultura dixital galega coma Prado Rúa, Esther Estévez, Olaxonmario, Tamara Pazos e Berto.

Un dos pratos fortes será a gravación en directo do programa Gen Playz, de RTVE, que terá lugar este xoves 7, a partir das 20.00 horas no Mercado de Abastos. Gen Playz, que foi premiado como mellor programa de entretemento nos Premios Ondas 2021, emitirá un programa especial dende Carballo, presentado por Inés Hernand.

Para quen prefira o podcast, ov enres 8 ás 20.00 horas grabarase Tardeo, de Radio Primavera Sound. Neste programa, un clásico xa do sonoro catalán, a politóloga e xornalista cultural Andrea Gumes reúne a colaboradoras que saben moito de cine, series, feminismos, astroloxía, alimentación, libros, cómics, racismo, menstruación, sexualidade, tendencias, videoxogos, vivenda digna, saude mental, en definitiva, as principais temáticas actuais das novas xeracións. Non é a única representante de Radio Primavera Sound no festival, xa que ademáis, Marta Salicrú, a súa directora, estará a cargo da Sesión Vermú, o sábado 9, ás 13.00 horas..

Ana Polo e Asaari Bibang, dúas das principais cómicas do momente achegaranse tamén a Carballo con intención de conquistar ao público co seu habitual humor reivindicativo. Un ano máis, o Interplay porá o foco no traballo das persoas que utilizan a rede para ensinar outras realidades ou facer do mundo online un espazo máis habitable dende o humor, a divulgación e a arte. Este ano virán a falar do tema Nerea Pérez de las Heras, Eugenia Tenenbaum e Ana Polo.

Unha das últimas actividades do festival, o sábado 9 ás 19.30 horas, será o CFA de Elizabeth Duval, Carta a las chicas del 2000. Un Código Fonte Audiovisual é un formato híbrido entre conferencia e proxección no que se invita a un curator a que seleccione e comente fragmentos de obras audiovisuais que marcasen a súa cultura e a súa forma de entender o mundo.

Para iso, nesta edición seleccionouse a Elizabeth Duval, graduada en Filosofía e Filoloxía francesa pola Universidade da Sorbona, ademais de escritora e columnista en medios como Público.

O festival rematará coa súa xa habitual entrega de premios, na que se dirá quen son as gañadoras do Certame de series e o Concurso de proxectos de serie web en galego. Este ano a gala será presentada por Jorge Boquete e Óscar Cruz, da productora Porco Bravú, que traen A desfeita!, un divertido late night con invitados excepcionais e moito humor no que farán un percorrido a través dos nove anos que se leva celebrando o festival. Berto DJ Set encargarase de darlle música á sesión de despedida.

Pola súa banda, o acto inaugural estivo presidido polo alcalde, Evencio Ferreiro, e tamén participou o director da Asencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, xunto coa directora do festival, Sonia Méndez.

07 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.