Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Catalogan en Carballo máis de mil hórreos de nove tipos construtivos

O obxectivo é definir o grao de protección que corresponda en cada caso segundo a lei

Carballo. Tras un exhaustivo traballo, o equipo técnico encargado da revisión do catálogo de hórreos de Carballo considera que máis de 1.000 deben ter categoría de bens catalogados ou de bens de interese cultural. Así o recolle a modificación puntual número 5 do PXOM carballés que será debatida en pleno o vindeiro luns, na cal se contemplan as tres alegacións aceptadas das cinco presentadas ao documento. O obxectivo é catalogar únicamente os que responden á definición de patrimonio etnolóxico.

Foron identificados nove tipos de hórreos repartidos en catro categorías. Así, en madeira destacan as tipoloxías Mariñán e Bergantiñán; entre os que conxugan pedra e madeira os de tipo Carral, Carballo e Mahía; nos de pedra as tipoloxías San Pedro de Visma, Coristanco e Fisterra; e os ladrillo ou cemento responden á variedade Carballo.

O novo catálogo inclúe unha ficha de cada un dos máis de mil hórreos na que figuran o lugar e a parroquia na que están situados, a localización con coordenadas e a referencia catastral. Ademais inclúense unha fotografía do hórreo, a descrición arquitectónica, as características normativas, o tipo de protección e incluso as determinacións para a súa conservación. A ficha complétase cun plano do ámbito de protección.

Tras a aprobación provisional por parte da Corporación, a proposta de modificación puntual do PXOM será remitida aos organismos que deben emitir informe. A aprobación definitiva correspóndelle á Xunta de Galicia. M. L.

23 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.