Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Catro décadas de cultura no Festiletras

Ponteceso. A 40 edición do Festiletras do Couto comeza este xoves, 1 de setembro, e continuará ata o domingo. Serán catro días de festa para celebrar as catro décadas do festival, que este ano acolle artistas de todo tipo: Dios Ke Te Crew, Baiuca, Belém Tajes, Rosa Aneiros, Erica Esmorís, Quico Cadaval, Zënzar, María Canosa, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e as Pandereteiras do Roncudo.

O alcalde de Ponteceso, Lois García, agradece o apoio das empresas e do voluntariado “pois sen eles e sen a colaboración da Fundación Pondal, a Asociación Montebranco, o Concello de Ponteceso, a Deputación da Coruña e a Xunta o festival non sería posible”. Subliñou ademais que o Festiletras coincide este sábado co Día da Provincia da Coruña, que se vai celebrar tamén en Ponteceso. Animou “a todos os galegos a achegarse ao Couto para gozar dunha cita tan importante para a cultura galega, que se está volvendo imprescindible”. M. L.

01 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.