Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cee e Fisterra xa están libres da praga da couza que afecta á pataca

Cee. A comisión de seguimiento da couza guatemalteca da pataca, en base aos últimos datos de capturas, declarou como concellos libres desta praga a Cee e Fisterra.

Pola súa banda, en Muxía e A Laracha, séguese detectando a presenza deste organismo nocivo, polo que a comisión acordou pasar a considerar zona tampón as parroquias muxianas de Bardullas, Buiturón, Caberta, Coucieiro, Frixe, Morquintián, Nemiña, Touriñán e Vilastose, así como unha franxa de 5 quilómetros limítrofe que afecta a parcelas dos municipios de Camariñas, Dumbría e Vimianzo. No caso da Laracha, esta zona abrangue ás parroquias de Cabovilaño, Lemaio e Torás, e as de Monteagudo, Barrañán e Armentón (Arteixo), Rebordelos, Vilela e Noicela (Carballo).

Nestas zona tampón, os agricultores deberán comunicar inmediatamente despois da sementeira, e en todo caso antes do 1 de abril, todas as parcelas cultivadas con pataca, e os operadores deberán levar o rexistro de compradores de pataca de semente e ter instalado no almacén trampas de feromona.

Pola súa banda, nas parroquias de Lendo e Caión, no concello da Laracha, e de Nosa Señora de A O, Leis, Muxía, Moraime e Ozón, no de Muxía, seguirá prohibido o cultivo da pataca, a comercialización de semente e a saída de pataca de consumo, excepto no caso de tránsito, onde o vehículo deberá ir totalmente pechado, dado que seguen a ser zonas infestadas. M. L.

24 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.