Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cee lembrará cunha polafía o pasado baleeiro de Caneliñas

Será o día 26 e estará organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega

Cee. A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), coa colaboración do Concello de Cee e o patrocinio da área de Cultura da Deputación da Coruña, organizará o vindeiro sábado, día 26 de novembro, unha xornada de lembranza do pasado baleeiro de Caneliñas.

Baixo o lema Atrás da balea: PolaFía en Cee, o propósito é recuperar e pór en valor a literatura galega de tradición oral. O proxecto está coordinado por Antonio Reigosa e Lois Pérez, e conta coa colaboración de diversas asociacións. O termo polafía é un neoloxismo que pretende englobar os diferentes matices e acepcións de termos como polavilas, fías, fiadas, fiandóns ou seráns, referidos ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais. Neste caso suma tecnoloxías como aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, e medios como internet para darlle difusión.

Na xornada que terá lugar en Cee, os escritores Francisco Fernández Naval e Xosé Iglesias acompañarán a varias persoas que traballaron na antiga baleeira de Caneliñas. Teñen xa confirmada a súa participación Manuel Caamaño Martínez, Manuel Trillo Fidalgo, Victorio Caamaño Vázquez e Jesús Manuel Blanco Costa. Ao rematar a polafía, a sala de exposicións da casa da cultura de Cee acollerá o acto inaugural dunha nova exposición.

Trátase dunha mostra de pintura que xunta obras artísticas de Isabel Soutullo, Josecho González e Maribel Castiñeira (XMÑ). M. L.

20 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.