Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Os rapaces deste núcleo urbano seguen a verse atrapados polo modelo construtivo co que conta a cidade // A vila carece de zonas verdes e lugares onde pasear ou airearse TEXTO Jorge Rego

Cemento e ladrillo: os verdugos do Milladoiro

A historia está chea de lendas acerca de irmáns que compiten entre eles para gozar do favor dos seus pais ou, simplemente, para gañar prestixio. Exemplos desto son: Caín e Abel, Osiris e Seth e, incluso, os irmáns Dassler, fundadores de marcas como Adidas ou Puma e, agora, O Milladoiro mais Bertamiráns.

A vida de estes dous municipios dentro do concello amiense é bicéfala, xa que se desenvolveu dun xeito totalmente diferente. Neste caso, ambas vilas levan anos e anos pugnando polo favor do seu pai, o Consistorio, loita na que o fillo pródigo consolidouse como o primoxénito que absorbe a maior parte dos recursos, mentres que o núcleo máis grande do termo municipal veuse relegado a un segundo plano, casi nulo, ao longo da evolución histórica e construtiva de ambas cidades.

Así pois, se se visita primeiro Bertamiráns e logo O Milladoiro, poderase observar as diferenzas que existen entre as dúas localidades, destacables sobre todo, no ámbito da planificación urbanística, na adxudicación de recursos e nas actividades que se celebran para os cidadáns.

A principal nota disruptiva entre os dous núcleos atópase no seu posicionamento, xa que O Milladoiro encóntrase nun alto preto de Santiago de Compostela. Ademais, a vila densenvolveuse en torno a estrada nacional 550 que conecta a capital galega con áreas como Padrón ou Pontevedra. Pola contra, Bertamiráns atópase no Val da Maía, á beira do Tambre paso obrigado na ruta a Noia ou cara a Costa da Morte.

Doutra banda, a orografía foi un factor clave a hora de implementar o desenvolvemento das cidades, xa que O Milladoiro foise transformando nunha cidade que daba cabida aos traballadores santiagueses que non se podían custear os prezos da capital. Así pois, comezouse a cosntruir dun xeito abundante no que o único plan existente era deforestar e crear novas zonas habitables. Pola contra, o caso de Bertamiráns foi distinto, pese a relativa cercanía coa capital galega esta vila si que contou cun plan construtivo ben elaborado no que se priorizou á poboación, presentando deste xeito áreas destinadas ao lecer.

Na actualidade, as principais diferenzas entre os dous núcleos son múltiples e tódolos veciños concordan no mesmo. No caso do Milladoiro, estas aúnanse en torno ao sector novo da poboación, que aseguran que a falta de zonas verdes supón unha gran carencia para a vila e fai que se asemelle a un cárcere onde só hai asfalto, ladrillo e cemento. En verbas de Julia Brea, residente e emprendedora na vila, “No Milladoiro só hai cemento, cemento e cemento. Necesitamos zonas de esparexemento e lugares onde poder respirar. O tráfico é constante”.

Ademais, esta vila e unha das que conta con máis porcentaxe de poboación nova de Galicia e non posee apenas áreas destinadas a este sector. Así pois, Carla Rial, residente na vila afirma que: “ a xuventude botamos de menos zonas como unha alameda ou sitios onde poder estar ao aire libre e escapar de tanta edificación, é un sentir xeral. Con todo, o transporte público é unha clara vantaxe coa que conta a vila, pese a que últimamente empeorou dun xeito considerable”.

No que atende a Bertamiráns, a única problemática vixente é relativa ao transporte público, xa que as conexións con Santiago son moi malas e os horarios apenas se cumpren.

Deste xeito, a disparidade entre ambas cidades é moi notable e todo vén dado da diferenza de recursos outorgados ao longo dos diferentes anos. Como resultado, atópase O Milladoiro, unha vila cuxa disposición non fomenta a cohesión social nin a realización de vida familiar na mesma, xa que a edificación masiva atentou contra a viabilidade de calquera intento de salubridade.

08 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.