Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Chega a Vedra ‘Outros Camiños’ tras viaxar por varios concellos

A veciñanza da vila poderá desfrutar deste documental de Rubén Riós o venres 29

Vedra. Trala exitosa premier de Outros Camiños o 28 de abril nos Cines Callao de Madrid onde logrou un cheo absoluto, o documental, dirixido por Rubén Riós, percorrerá distintos concellos de Galicia durante os meses estivais por medio de Cine na Rúa.

A veciñanza de Vedra gozará o vindeiro venres día 29 ás 22.00 h, xunto a Capela do Santiaguiño en San Pedro de

Vilanova ao pé do Camiño de Santiago, deste documental cargado de enerxía positiva e rodado en distintos espazos do Camiño santiagués.

O audiovisual achegará ao espectador a unha realidade máis inclusiva e máis accesible coa mediación dos protagonistas, persoas con parálise cerebral, que guiarán a todo o que vexa o documental na aprendizaxe da relación das persoas coa diferenza humana a través do deporte practicado coa Asociación Discamino, liderado por Javier Pitillas e proposto pola Xunta de Galicia, no ano anterior, coma candidatos ao Premio Princesa de Asturias de la Concordia.

A peza audiovisual Outros Camiños utiliza polo tanto como telón de fondo o Camiño de Santiago. Unha ruta con siglos de historia que percorren millóns de peregrinos de todo o mundo. Desta maneira o documental de Rubén Riós quere promover o deporte e demostrar a verdadeira riqueza do Camiño. c.e.

20 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.