Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
As temáticas consistirán en preparar os alimentos nese tempo, facer doces de Entroido, receitas con conservas e recursos de aproveitamento // As actividades, que terán lugar na casa da cultura, serán gratuítas e contarán cun aforo máximo de 20 persoas TEXTO J. S.

Cociñar en dez minutos: un dos obradoiros culinarios de Valga

Seguindo coas actividades gastronómicas que se levaron a cabo o pasado verán con motivo da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País e tendo en conta a boa acollida que tiveron, o Concello de Valgas pondrá en marcha durante os meses de febreiro e marzo unha Aula Gastronómica que constará de catro obradoiros de cociña gratuítos que permitirán aos participantes descubrir novas recetas e servirán, incluso, para que persoas que non adoitan estar ante os fogóns realicen unha aproximación a pratos sinxelos elaborados con produtos accesibles.

Os talleres desenvolveranse os mércores 16 e 23 de febreiro e 2 e 9 de marzo, na casa da cultura de Valga a partir das 18.00 horas. Estarán dirixidos polos cociñeiros profesionais Fran Jamardo, Rocío Garrido e Coque Fariña, de Indo e Vindo Gastronomía, que elaborarán e explicarán catro receitas completas durante cada actividade.

Os participantes poderán seguir os diferentes pasos para aprender a realizalas nas súas casas e, a continuación, terán a oportunidade de degustar os diferentes pratos. A duración de cada obradoiro será de entre hora e media e dúas horas.

A temática do primeiro taller, o 16 de febreiro, será Cociña en 10 minutos. Explicarase e demostrarase de xeito práctico como, con moi pouco tempo, poden realizarse pratos ricos e incluso receitas de culler con ingredientes que habitualmente temos na despensa. Esta actividade é ideal para persoas que non dispoñen de moito tempo para cociñar.

Na última semana de febreiro, coincidindo coas datas de Entroido, realizarse un obradoiro centrado nos doces e sobremesas máis tradicionais de Galicia nestas festas.

A Aula Gastronómica continuará o 2 de marzo coa actividade Cociña con conservas, na que os asistentes aprenderán a sacarlle todo o potencial ás latas de peixe, marisco e outros produtos, empregándoas en pratos bastante máis elaborados.

Por último, o 9 de marzo, clausurarase este programa co taller Cociña de aproveitamento. Os chefs ofrecerán diferentes ideas para reutilizar as sobras de comida e convertelas en pratos atractivos que, ademáis, non resulten repetitivos.

En xeral, os catro obradoiros centraranse na cociña para o día a día, realizando pratos sinxelos que todos os participantes poidan replicar empregando produtos accesibles e non demasiado caros que poden atoparse facilmente en calquera supermercado.

O prazo de inscrición nas catro actividades abrirase o día 1 de febreiro. As persoas que queiran reservar praza poderán facelo presencialmente no Concello, chamando por teléfono (986559456) ou a través do correo electrónico informacion@valga.gal. Admitiranse solicitudes ata o día anterior a cada obradoiro ou ata completar o aforo, que será como máximo de 20 persoas por taller por mor da Covid.

En todas as actividades cumprirase coa normativa establecida polas autoridades sanitarias no momento da súa celebración. Será obrigatorio o uso da mascarilla e a presentación de certificado Covid.

Os chefs Fran Jamardo, Rocío Garrido y Coque Fariña xa participaron nas actividades da trixésima primeira edición da Festa da Anguía e Mostra de Caña do País. Nesa ocasión organizouse un concurso de “tapa á anguía” e de caña do país, unha actuación da banda de música de Sanxenxo, a presentación dunha botella conmemorativa e a degustación de tapas de anguía e caña, ademáis dun concerto da Banda de Música Municipal de Valga.

07 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.