Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Comeza o ciclo de visitas teatralizadas á mostra adicada ao ‘Santa Isabel’

ribeira. O pasado venres iniciáronse no Museo Municipal de Ribeira o ciclo de visitas teatralizadas destinadas a grupos infantís á exposición que recorda os cen anos do naufraxio do vapor Santa Isabel, ocorrido nas costas da illa de Sálvora. Os primeiros grupos de rapaces e razapas acompañadas dos seus guías desfrutaron da actividade na que unha actriz caracterizada como Cipriana, unha das catro heroínas de Sálvora que libraron a moitos pasaxeiros de morrer afogados, lles explicou os detalles da traxedia acaecida na noite do 2 de xaneiro do ano 1921. As visitas van continuar esta semana (as seguintes serán este mesmo martes día dez e o xoves día doce, en horario de 10.15 a 13.15) e tamén a semana próxima. Por outra banda, para os vindeiros días trece e vinte de agosto están programadas as visitas teatralizadas abertas e gratuítas ó público xeral, previa solicitude de entradas a través do enderezo electrónico museo@ribeira.gal ou ben telefonicamente no 981 873595. Segue aberto o prazo de inscrición, pero xa quedan poucas prazas. Estas actividades completaranse os días dezasete e dezanove de agosto con dúas viaxes en barco á illa de Sálvora por parte dos grupos participantes para así completar a visión da exposición. s. souto

09 ago 2021 / 17:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.