Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 09 diciembre 2022
02:15
h

Comezan as obras da nova senda peonil á beira da estrada AC-552 na Laracha

A Laracha. O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde da Laracha, José Manuel López, e polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, José Antonio Álvarez, supervisaron o inicio das das obras da nova senda entre Proame e O Cancelo, que permitirá completar un itinerario peonil continuo de máis de 7 quilómetros ao longo da estrada AC-552. O custo é de 1,3 millóns de euros.

A intervención, adxudicada á empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L, ten como principal obxectivo reforzar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade a pé dos veciños, conectando as vivendas da zona de Proame cos principais servizos e equipamentos do municipio. O prazo de execución de 10 meses.

Habilitarase un itinerario de uso mixto, peonil e ciclista, pola marxe esquerda, de 2,2 quilómetros de lonxitude e cun ancho medio de 2,5 metros. En tres treitos concretos, onde hai vivendas nas marxes, a senda terá un ancho menor, pero garantirase un mínimo de 1,80 metros.

A senda executarase en formigón coloreado, cor terriza, para unha maior integración na contorna. Disporase, ademais, unha franxa verde de separación, de entre 1 e 2 metros, en función do ancho dispoñible, e elevada sobre a beiravía. Nas zonas de vivenda ou de negocios habilitaranse aparcadoiros en liña e mellorarase a accesibilidade das paradas de autobús, dispoñendo máis espazo para os peóns e pavimento táctil nas zonas de cruce e paradas.

Coincidindo co cruce sobre o rego de Quenxe, executarase unha pasarela de preto de 16 metros de longo, con varanda metálica nun treito, para continuar o itinerario. A intervención completarase con muros de cachotería para soster a senda en tres treitos; a disposición de rega para o mantemento da franxa axardinada; e a colocación de prismas de servizos, para a preinstalación de iluminación e telecomunicacións.

A actuación será financiada no marco do programa do Fondo Europeo REACT-EU. A senda entre Proame e O Cancelo dará continuidade aos itinerarios xa rematados en anos anteriores: entre O Cancelo e A Laracha, de 2 km, e entre A Laracha e Paiosaco, cun investimento total da Xunta de 3 M€.

Estas actuacións enmárcanse na aposta do Goberno galego polo fomento dunha mobilidade máis saudable e sostible, e busca tamén favorecer desprazamentos a pé máis cómodos e seguros, que se ten traducido xa na execución de 200 quilómetros de sendas e nun investimento de 50 millóns de euros no conxunto de Galicia.

19 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.