Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Alumnos do CEIP Campanario saíron a coñecer igrexas, pombais e cruceiros // Organizan para o sábado unha foliada e degustación de comidas tradicionais

Comuneiros de Baroña ensinan ós nenos o valor do patrimonio

A comunidade de montes de Baroña (Porto do Son) celebrou este mates o Día Internacional do Patrimonio con varias actividades nas que participaron os alumnos do CEIP Campanario, que desfrutaron coñecendo o valioso entorno natural da parroquia e os seus principais elementos históricos e culturais.

A entidade amosouse agradecida ós profesores do centro “por facer un ensino en valores de coidado, respeto e coñecemento tan ameno e didáctico á vez que divertido, sen esquecer que tamén fixemos deporte e estivemos en contacto ca natureza”, siñalan neste sentido.

Pero os actos organizados pola comunidade de montes de Baroña para celebrar o Día Internacional do Patrimonio van continuar o vindeiro sábado día vinte. Primeiro realizarase unha xornada deseucaliptizadora para eliminar os rebrotes desta especie na parte alta da aldea de Orellán e axudar a medrar ós castiñeiros que se plantaron alí, para que saian con máis forza.

O pasado mes de abril, os comuneiros levaron a cabo unha plantación na que implicaron ós alumnos do citado colexio nuns terreos na aldea de Abuín que están afectados polas franxas de protección antiincendios. Plantaron 250 árbores que adquiriron ca axuda do Concello.

Os participantes nesta nova iniciativa sairán ás 09.30 horas do local da entidade sonense.

As persoas interesadas en participar poden chamar ó número de teléfono 679 156 855 para anotarse.

E xa pola tarde, a partir das cinco, terá lugar no citado local a II Xornada sobre o Patrimonio Inmaterial de Baroña, que incluirá un obradoiro de elaboración de filloas da sartaña, unha degustación de comidas populares a base de receitas tradicionais (como palmazos, pandullos e tripas, bolos do pote, filloas ou chulas), unha foliada con música e baile tradicional, xogos populares, un obradoiro de xoguetes antigos que os asistentes poderán construír de xeito artesanal e moitas sorpresas.

Asimesmo, tamén participarán na recollida de historias, lendas ou cantigas sobre a xente, os lugares ou a toponimia da parroquia de Baroña entre os veciños e veciñas de máis idade de dita localidade.

Estas actividades serán totalmente gratuítas para os nenos e nenas e para os comuneiros, pero os demais terán que pagar cinco euros.

areadecompostela@elcorreogallego.es

19 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.