Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 28 octubre 2021
07:08
h

Concentración sindical na Laracha en contra dos despedimentos no BBVA

A Laracha. A sección sindical da CIG no BBVA continuou este mércores na Laracha coas mobilizacións para denunciar os despedimentos e o peche de oficinas contemplados no ERE que a entidade ten en marcha, e que “afondará na exclusión no acceso aos servizos financieiros da poboación e na destrución de emprego no sector”, segundo sinalou o secretario da sección sindical da CIG, Miguel Fernández.

Lembrou que o ERE do BBVA suporá “o despedimento de máis 100 traballadoras/es na Galiza e o peche de 26 oficinas, das que 12 están na provincia da Coruña”.

No caso concreto da Laracha, a oficina continuará aberta, pero será atendida por un axente financieiro, polo que “a empresa bota persoal propio para contratar persoal falso autónomo en peores condicións e coa operatividade moi limitada”, engade. Asegura que o banco está aplicando os despedimentos e os peches aos poucos para minimizar o impacto social do ERE, “e incluso deixando oficinas atendidas por este tipo de axentes externos, para simular que non hai cambios, aínda que no longo prazo acaba cerrando definitivamente as sucursais”.

14 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.