Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Concertos en Muxía e Cee do ciclo O País das Bandas

Cee. Os concellos de Muxía e Cee acollen este sábado, día 25, senllos concertos do ciclo O País das Bandas, promovido pola Xunta en colaboración coa Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo.

Na vila muxiana actuará a Banda Ateneo Musical de Negreira (12.30 horas), creada en 1998. Dirixida por Raúl Martín, na actualidade suma uns 30 músicos que interpretarán Enrique López, Highlights from chess, The ghost ship e Vals da Balouta. Soarán tamén Noites de lúa na praia, Troulada, Namoriqueira e Muiñeira dos pendellos.

Pola súa banda, a Banda Ateneo Musical da Pobra ofrecerá un concerto ás 19.30 horas na Praza da Constitución de Cee. Esta agrupación sitúa as súas orixes no ano 1891, da man de José Paz Hermo, profesor de piano na vila. Tras a disolución en 1941, a actual formación presentouse no ano 2013.

Baixo a batuta de Manuel Ángel Sobral, o repertorio previsto inclúe Siete rosas, El sitio de Zaragoza, Ross Roy, Rapsodia gallega, e Pirates of the Caribbean. Completan o programa Os labregos, As penelas, Feiticeira e Troulada, así como Pasodobre de San Roque, A Santiago voy e Nino Bravo en concerto. M. L.

23 sep 2021 / 17:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.