Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Nadal. A rapazada de Vimianzo decide o futuro co programa A vila do mañá // Na Laracha os pequenos e pequenas xa saben como facer ‘cupcakes’ e galletas

Conciliación e aprendizaxe para gozar das vacacións na Costa da Morte

Os nenos e nenas de Costa da Morte están a desfrutar dunhas vacacións de Nadal activas, nas que, grazas aos programas de conciliación deseñados polos concellos, están a aprender moitas cousas novas.

En Vimianzo, a rapazada de entre 5 e 14 anos está a decidir o futuro do seu municipio grazas ao programa A vila do mañá. A lingua, a percepción, o espazo, a paisaxe, a escala, a sustentabilidade e a cidade son os sete puntos sobre os que se apoia esta iniciativa. Mediante as ferramentas do punto, a liña, o plano e o elemento tridimensional os nenos e nenas axudarán a transformar Vimianzo nunha vila máis sostible e segura para todos e todas.

E en Cabana iniciaron esta semana a primeira quenda do programa Meniñeiro, unha iniciativa promovida pola área de Servizos Sociais para fomentar a conciliación durante estas festas de Nadal, que se desenvolverá ata o 4 de xaneiro. Do mesmo xeito, o Concello tamén promove nestas datas o Obradoiro de Lecer, dirixido á rapazada de 5º e 6º de primaria así como de secundaria.

Pola súa banda, na Laracha comezaron os obradoiros infantís de cupcakes e galletas de Nadal co dobre obxectivo de ofrecer unha actividade divertida e educativa para os nenos ao mesmo tempo que se facilita a conciliación da vida persoal e laboral dos seus pais.

En Cee seguen a gozar dun Nadal para compartir, no que nenas e nenos poñen a voar a súa imaxinación en diferentes obradoiros. Comezaron cun adicado á arbore de Nadal e outro de chaveiros, e continuaron con bonecos en cartulina e goma eva, marcapáxinas, centros de mesa e ata adornos con barro.

28 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.