Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Convocado o Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas de Malpica

O XVII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas púxose en marcha coa presentación na Casa do Concello de Malpica, nun acto no que participaron o alcalde, Eduardo Parga; a concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro, e o presidente da Asociación Cultural Caldeirón (entidade convocante), Paco de Tano. O concurso literario, nacido no ano 2005, converteuse neste tempo nunha referencia deste xénero literario nas letras galegas, atraendo cada ano a un maior número de participantes. A este respecto, o rexedor, sinalou que “despois de 17 anos vense claramente os logros, cunha articipación cada vez maior e obras de gran calidade”.

Pola súa banda, Paco de Tano lembrou, a figura de Paco Souto, falecido en 2017, un dos impulsores deste premio. “Paco e mais eu cumprimos un soño cando o premio se fixo realidade. Queremos dicirlle que, alá onde estea, isto segue adiante”.

Bases

Ao premio poderán optar todos os autores e autoras de calquera nacionalidade que presenten un libro inédito de temática erótica non premiado con anterioridade e escrito en lingua galega, en calquera das súas normativas recoñecidas. O prazo de admisión finaliza o 18 de setembro. As obras deberán enviarse ao enderezo premio@caldeiron.org.

Establécese un premio único de 1.500 € (suxeitos ás retencións correspondentes) e a publicación da primeira edición da obra, con 400 exemplares, na colección Illas Sisargas da Editorial Caldeirón. O resto das bases pode consultarse na páxina web do Concello de Malpica (concellomalpica.com).

28 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.