Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Convocan ós propietarios dos terreos necesarios para a senda de Frades

O levantamento das actas previas á ocupación será o vindeiro 14 de outubro no Concello, e o 16 de decembro formalizaranse

A Xunta publicou este xoves día 15 no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria, para outubro e decembro, dos actos expropiatorios para executar unha senda na estrada autonómica AC-524 no concello de Frades.

Esta intervención de mellora da seguridade viaria e da mobilidade na estrada autonómica ó seu paso polo municipio coruñés suporá un investimento de 242.000 euros e conta cun prazo de execución de catro meses.

Os actos para o levantamento de actas previas á ocupación terán lugar o 14 de outubro, ás 10.30 horas na casa consistorial de Frades. A formalización das actas de ocupación levarase a cabo o día 16 de decembro, no mesmo lugar e á mesma hora. Trátase de desenvolver a senda peonil e ciclista pola marxe esquerda da AC-524, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 7+820 e 8+590, de xeito que se dará continuidade á senda xa existente na travesía de Abellá.

Esta nova senda, que terá 770 metros de lonxitude, permitirá a conexión do núcleo rural de Pibideira cos do Pazo e Sobre dos Campos. A sección tipo neste treito da vía constará de dous carrís de 3,50 metros, beirarrúa de 1,40 metros, unha senda de 2,50 metros en cor terriza e gabia transitable de 1,20 metros. As obras de pavimentación terán en conta os accesos a propiedades privadas, que serán en formigón coloreado con mallazo e de cor terra natural, e usarase nas zonas de cruce con outras vías pavimento táctil de cor e textura diferente, indicador de advertencia ou proximidade.

Nos pasos de peóns colocarase pavimento táctil direccional. Tamén se executará o sistema de drenaxe de augas pluviais e a reposición daqueles servizos afectados pola intervención, incluíndose a recolocación dos sinais verticais e colocación de captafaros. Tamén se prevé a preinstalación do alumeado público. Con estas intervencións, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dá resposta a unha actuación demandada polo Concello, que busca fomentar a mobilidade sustentable nesa contorna, con vivendas situadas nas marxes da estrada, para favorecer os desprazamentos a pé, alternativos ó uso do vehículo particular, e mellorar a seguridade viaria dos peóns, que son os usuarios máis vulnerables da estrada.

16 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.