Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Festas. A Laracha, Carballo, Cee e Vimianzo xa acenderon as luces, e en Laxe farano o luns // É unha aposta máis para reactivar e dinamizar o comercio e a hostalería TEXTO J. Ramos

Costa da Morte ilumina un Nadal moi esperado

O efecto Vigo tamén se está a sentir na Costa da Morte, onde arrincou o Nadal máis luminoso e madrugador dos últimos anos. Varios concellos redoblaron esforzos e investimentos para encher de maxia e luz as rúas das súas vilas e adiantaron o acendido dos alumeados navideños co fin de axudar a reactivar o comercio e a hostalería locais.

Vimianzo é un dos concellos que máis inviste na ambientación navideña, e a súa alcaldesa premeu na noite do venres o botón de acendido nun acto que, a pesar da choiva, congregou a numerosos veciños e veciñas de todas as idades na Praza do Concello. O comercio e a hostalería sumáronse á festa obsequiando ás persoas asistentes con vales desconto baixo a denominación de chocorascas, xa que houbo tamén degustación de chocolate con churros. Cada vasiño daba a posibilidade de obter descontos no comercio ou cafés de balde na hostalería. A cita complementouse co espectáculo de rúa A luz do Nadal, a cargo da Troula de Animación, e coa presentación da programación cultural.

En Carballo, o Concello considera que “é importante recuperar o espírito e o ambiente propios do Nadal e contribuír á dinamización da actividade económica”. Por iso, adiantaron o acendido do alumeado decorativo ao 3 de decembro. Entenden que era importante anticiparse “ao incremento da demanda que adoita rexistrarse ás portas do mes de decembro, e garantir que o alumeado estea plenamente operativo dende os primeiros días dun dos meses de máis consumo do ano”. Un alumeado de Nadal que está especialmente presente nas zonas máis comerciais. Completarase nas vindeiras semanas coa presenza doutro tipo de elementos decorativos nas rúas e nos espazos públicos.

Tamén en Cee iluminaron as rúas na noite do venres, un acto que se complementou cunha actuación musical na casa da cultura. A Laracha foi o concello máis madrugador, e dende o día un de decembro xa ten iluminadas as principais rúas e prazas da capital municipal, Paiosaco e Caión. Permanecerán acesas ata o vindeiro 6 de xaneiro. Son todas luces LED de baixo consumo, segundo apuntan dende o Concello.

En Laxe, o executivo local anunciou que prenderán o luns os alumeados e as árbores navideñas de Mordomo, Boaño, Traba, Matio, Aplazadoiro, Coéns, A Torre, Soesto, Serantes e o da capital laxense, que estará na Praza Ramón Juega.

05 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.