Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Costa da Morte ofrece o bono turístico en sesenta e cinco establecementos

O obxectivo é dinamizar o sector en temporada baixa // A maioría dos establecementos están ubicados nos concellos de Fisterra, Muxía e Cee

A Costa da Morte ten adheridos un total de 65 establecementos ao bono turístico Quedamos en Galicia, que foi impulsado pola Xunta. Muxía encabeza a oferta, con 13 locais, seguida de Fisterra con 12 e Cee con 10.

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, subliñou que esta medida inxectou máis de 433.000 euros nos locais destas comarcas que se uniron á campaña na edición anterior de 2021. Acompañado polo alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño, visitou este martes as Cabañas da Fonte, en Canduas, un dos establecementos que se poden seleccionar, dentro das tarxetas deste bono no ano 2022.

O representante do Goberno galego subliñou que “chegamos ao remate desta terceira edición cun gran éxito de participación, tras dous anos de duras restriccións pola pandemia”.

Destacou que con este plan “queremos dinamizar e colaborar co noso potente sector turístico fóra das datas de temporada alta”. Subliñou ademais que “desde a Xunta eramos conscientes de que o turismo ía ser un dos motores da recuperación económica de Galicia trala pandemia, por iso estivemos desde o primeiro momento do lado do sector con axudas por valor de 120 millóns de euros, cun obxectivo triplo: evitar a caída das empresas nos tempos de peche polas restricións sanitarias, adaptar os negocios aos protocolos e fortalecelos” para a nova etapa que se abre agora, “cando Galicia aspira a liderar o sector e pechar o Xacobeo con cifras históricas”.

LOCAIS. Os establecementos que ofertan o bono turístico na Costa da Morte son Apartamentos Vida, en Corcubión; Casa de Santa Uxía e o Hotel Mar do Ézaro, en Dumbría; A Casiña de Dina, Alén do Mar, Apartamentos Vida Finisterre, Cabañas Fisterra, Costa da Morte, HCabosport, Hotel Mar de Ardora, Hotel Mar de Fisterra, Hotel Rústico Finisterrae, Hotel Vida Finisterre Centro, O Semáforo e Prado da Viña, en Fisterra; A Torre de Laxe, Cabanas na Area, Casa rural de Arrueiro, Hotel Mar de Laxe, Hotel O Náutico e Playa de Laxe, en Laxe; A Casa da Vasca e Cabanas de Vendaval, en Malpica; A de Loló, Apartamentos Vida Muxía, Camiño da Barca, Casa Castiñeira, Casa das Fiadeiras de Nemiña, Casa de Lema, Casa Fontequeiroso, ET Suseia, Hostel Monasterio de Moraime, La Cruz e Parador Costa da Morte, en Muxía; Casa do Caseiro e Playa de Osmo, en Ponteceso; A Casa da Canle, Casas da Fontenla e Pastoriza, en Vimianzo; e Casa do Relojero e Casa do Vento, en Zas.

21 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.