Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Crean unha rede piloto en Vimianzo para paliar a soidade non desexada

Máis de setenta persoas sumáronse ao proxecto para detectar casos entre os maiores // É un plan deseñado pola Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña puxo en marcha en Vimianzo a súa gran aposta para paliar a soidade non desexada nas persoas maiores. No municipio xa contan cunha rede de “antenas” de máis de 70 persoas. Denomínanse así a todas as persoas que se implican no proxecto para detectar e dar aviso ante un posible caso de soidade. Garántese o total anonimato.

Identificaranse e categorizaranse os diferentes actores locais que prestan os servizos, ademais de reseñar os distintos perfís de persoas maiores que están soas. Posteriormente, analizarase a “desconexión”, de existir, entre a oferta de servizos e programas nestes lugares e as potenciais persoas usuarias, identificando os posibles factores que inflúen nela, como poden ser a idoneidade dos programas en función dos perfís ós que se dirixen os servizos ou actividades, os sistemas de difusión empregados, ou o grao de participación das persoas ás que van dirixidos.

O obxectivo é sistematizar esta proposta de intervención a xeito de metodoloxía definitiva coa que contará a Deputación para transfereir ós restantes concellos de menos de 20.000 habitantes

Ana Lamas, deputada de Benestar Social, expuxo os puntos fundamentais deste plan xunto á alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Benestar Social, María José Pose; Sandra Abeijón, técnica de Servizos Sociais do Concello; e Manuel Joaquín Pérez, presidente de Nova Works Consulting S. Coop. Galega. Déronse cita tamén axentes sociais de diversos eidos, a ter en conta farmacéuticos, doutores, párrocos, corpos e forzas de seguridade, etc.

Para a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, este tipo de programas son “de especial relevancia” nunha sociedade galega na que “temos comprobado que se incrementan os episodios de soidade en persoas maiores”.

“Se algo nos trouxo a pandemia foi precisamente a necesidade de que existan este tipo de servizos. Para nós é estratéxico e imos un paso máis aló; o coidado dos nosos maiores está no punto número 1 da política de acción desde a área de Benestar Social”.

Pola súa banda, a alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou o “prolífico traballo que desempeña a Deputación no eido dos Servizos Sociais, especialmente desde a área de Benestar Social”, e subliñou que “hoxe máis ca nunca é indispensable impulsar políticas públicas de cara a protexer ós nosos maiores”.

A concelleira de Servizos Sociais, María José Pose, destacou a importancia de contar coas persoas colaboradoras con esta iniciativa. “Sodes unha peza clave dentro deste plan contra a soidade”, sinalou, dirixíndose aos integrantes da rede que asistiron ao acto de presentación.

PLAN DE ACCIÓN. O proxecto forma parte do Marco Estratéxico do Plan de Acción de Servizos Sociais provincial, e o obxectivo é dotar á Deputación dun modelo de intervención contra a soidade non desexada para aplicalo a través da Rede de Concellos para o Benestar a través da colaboración cos actores locais, e da xeración de espazos de encontro e reflexión conxunta, tendo en conta o contexto, a realidade e circunstancias locais.

07 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.