Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cruces acada investimentos
que pasan do millón de euros

O goberno local saca adiante nas súas negociacións proxectos como unha senda peonil ou a renovación do centro urbano

O alcalde de Vila de Cruces, Luís Taboada, amosou a súa satisfacción polo resultado das reunións coa Deputación e a Xunta de Galicia e que permitirán ao goberno local sacar adiante investimentos para a vila pontevedresa por valor de 1.074.612 euros.

O primeiro investimento é unha actuación moi solicitada e que garante unha maior seguridade para a veciñanza, ao conseguir dotar dun camiño peonil seguro ao instituto, ao centro de saúde e ao tanatorio cunha senda de ancho variable, pero cun mínimo de 2,5 metros na súa marxe dereita, facéndoo coincidir co IES Marco do Camballón.

Crearase así “un camiño escolar seguro” para o alumnado deste centro educativo, pero tamén servirá para dar maior seguridade aos accesos de dotacións próximas e moi utilizadas pola cidadanía.

O proxecto terá un custo de 182.033 €, dos que a Deputación achegará o 80 % e o consistorio o 20 % restante.

Este investimento veu acompañado doutro moi importante que pasou os filtros dos técnicos da Deputación. Taboada confirmou que se vai realizar este proxecto de 892.360 euros para a mellora da rúa Vázquez entre os entroncamentos da rúa Sergio Iglesias Pazos e da travesía Vázquez 2. Do total do investimento, 596.681 € serán financiados pola Deputación Provincial de Pontevedra.

A todo isto, tamén engaden os traballos que se están realizando de acondicionamento do vial do polígono industrial de O Camballón, con outro investimento adxudicado cun valor de 98.219,98 euros, e que estiveron revisando o alcalde, Luís Taboada, e o tenente de alcalde, Julio López, os cales confirmaron que os traballos van a bo ritmo e que fan o recinto empresarial máis accesible e seguro.

09 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.