Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 18 septiembre 2021
22:24
h
Optan por descentralizar a oferta e chegar a varios recunchos da vila // Ábrense hoxe os concertos, que se celebran as fins de semana, co Dj Óscar e PabloBalseiro TEXTO María Rendueles

Cultura Quente enche de actividades, música e teatro o verán de Caldas

O Concello de Caldas de Reis puso en marcha a programación cultural para este verán que se desenvolverá por segundo ano baixo o nome do seu emblemático festival Cultura Quente na súa 24ª edición. Celebrarase durante os meses de xullo e agosto con actividades deseñadas nunha clara aposta pola creatividade dos artistas locais e adaptando todo o programa as condicións sanitarias aínda vixentes, pois controlar a pandemia e velar pola saúde da cidadanía segue sendo a prioridade.

Os eventos desenvolveranse en varios espazos da vila co obxectivo de dinamizar o sectores de comercio e hostalería ao tempo que se ofrece apoio ó sector cultural local.

O programa busca, ante as circunstancias especiais, prolongar a actividade durante todo o verán e achegar as actividades á maior parte de espazos públicos e escenarios posibles, coa finalidade de “descentralizalo” e favorecer o ambiente no conxunto da vila. A iniciativa diríxese especialmente a potenciar o turismo de proximidade e a dinamizar a hostalería e o comercio. Trátase, en definitiva, dunha aposta importante para o verán cunha proposta estable que persegue sorprender e atraer o interese do público.

A programación para o mes de xullo comezou xa o día 1 co inicio das actividades multideporte no pavillón e a apertura da exposición fotográfica Matemáticas nun clic na Oficina de Turismo organizada pola Rede de Divulgación Dima, en colaboración co colexio Afonso VII. Ese mesmo día tamén houbo no Xardín Botánico a sesión de narración oral para nenos e nenas Contos para caghar patatillas da man de Tarabelos no marco do programa A Biblioteca no Xardín.

Ao día seguinte, ás 12.00, será a quenda de Charo Pita no mencionado programa bibliotecario de animación á lectura e pola tarde (20.30 horas) Manuel Losada presentará na Biblioteca o libro El Misterio de la Isla de Cortegada”.

Os concertos que se celebrarán todas fins de semana comezarán o 3 de xullo con Dj Óscar que dará paso a Pablo Balseiro, no Campo da Torre. O domingo, día 4, haberá pasarrúas e vermú coa Fanfarria Os Encerellados. O día 10 os concertos pasarán ao anfitearo da Tafona a partir das 20.30 horas con Dj Moe de teloneiro de Froján, que presentará ante o seu público o novo disco Huír. Ao día seguinte o vermú e o pasarrúas correrá a cargo do grupo de gaitas Maquía.

O venres 16 segue a cultura coa presentación ás 21.30 horas na praza de abastos do libro La forma del papel, obra de Mara Dres (Mónica García). Ao día seguinte os concertos serán nas Palmeiras da man de Diego Méndez (21.30) e o grupo Horizonte (22.15). O pasarrúas do domingo 18 será de Fanfarria Furruxa.

A fin de semana do 24 e 25 de xullo terá como protagonistas a DJ Xabi e ao grupo Jazz Frecuency Group que actuarán no Campo da Torre con Fanfarria Furruxa novamente animando as rúas na mañá dominical. O día 30 (venres) terá lugar no Fogar do Maior a celebración do Día dos avós e nas Palmeiras, a partir das 21.00 horas, a compañía de teatro Malasombra representará a comedia Habeas corpus. O sábado as actuacións musicais volverán ao anfiteatro da Tafona cos concertos dos grupos Ola Perdida e Brutal.

PATRONAIS A programación para o mes de agosto avanzarase en detalle proximamente, pero seguirá a mesma liña coa novidade da celebración das festas patronais nas que se mesturarán música e tradición e co festival Kaldarte como un dos pratos fortes.

Na presentación participaron o alcalde, Juan Manuel Rey, acompañado dos concelleiros Inés Fuentes, María López, Manuel González e Jacobo Pérez. O rexedor destacou o gran número de grupos locais de todos os estilos que forman parte do programa“froito de anos de traxectoria do festival e do enorme traballo da Escola Municipal de Música que forxou unha magnífica canteira de músicos na nosa vila”.

Pola súa banda, a edil de Cultura, María López, destacou “o apoio e a participación de artistas e músicos caldenses, a literatura, o teatro, as iniciativas de conciliación e as actividades interxeracionais dirixidas a todos os públicos e grupos de idade” que conforman o programa. “O obxectivo é ofrecerlles unha oferta cultural de calidade, ampla e variada, que favoreza a reactivación económica e social de Caldas”, engadiu. Finalmente animou a toda a cidadanía a participar na programación e facelo de xeito responsable cumprindo con todas as obrigas de seguridade e prevención.

03 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.