Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Acaban de lanzar a quinta edición da revista oficial desta consolidada cita, adicada ós artistas Hard Gz e Erin // Tamén se estreou o anuncio do festival de O Son que xira en torno a ‘El Padrino’ // O Rompebús xa percorre Santiago TEXTO Marta Torres

Cultura urbana de puño e letra da man do Rompetiño Jump

A campaña do Rompetiño Jump 2022 xa está a pleno rendemento. A semana pasada comezou a andar o concurso Rompebús, no que se sorteará un bono de dous días entre as fotos publicadas deste vehículo en instagram. O Rompebús é unha acción habitual do festival, cun autobús urbán que percorre a cidade de Santiago nos meses previos á celebración do evento.

Asemade, o pasado 11 de maio publicouse o quinto número da revista Rompetiño. Desde Porto do Son para o mundo, a publicación, como é habitual, recolle entrevistas e artigos de gran interese tanto dentro da cultura urbana como na cultura e deportes en xeral.

Este ano, a portada da revista está adicada a dous dos grandes artistas urbanos galegos: Hard Gz e Erin, e no seu interor pódese atopar entrevistas a xóvenes promesas galegas como Alicia Babarro, membro do RP Team e campioa de Galicia e España do campionato de Breaking da súa categoría. Ademais do mundo urbano contén entrevistas a profesionais contrastados como Joaquín Dosil e Ramón Casanova, dúas pezas fundamentais “do que consideramos a actualidade polo feito da necesidade social da psicoloxía como vehículo de crecemento persoal no caso de Dosil, así como a mirada especial dun artista que xoga coa luz e metodoloxías tradicionais fotográficas nun mundo repleto de imaxes con Casanova”, explica a organización do festival que se celebrará a primeira fin de semana de xullo en O Son.

A publicación tamén inclúe artigos como a homenaxe aos 50 anos da estrea da película El Padrino e a caveira como icono na moda.

Esta revista pódese descargar de xeito gratuíto desde a web do festival, no apartado de revistas, e tamén estará dispoñible en moitos establecementos da comarca do Barbanza e Santiago de Compostela, así como nas xornadas do propio evento.

E o prato forte habitual dentro da campaña do festival publicouse fai uns días: o anuncio Rompetiño Jump 2022, unha peza audiovisual que, como nos teñen acostumados desde a organización, convertirase en viral en poucos días.

Este ano, a peza xira en torno aos 50 anos do estreo de El Padrino e da polémica xerada a partires do anuncio por parte de Amazon dun festival chamado Rompe. Con este spot, a organización quere reivindicar que o Rompe é galego, unha determinación que se ve representada no cartel da Music Zone con presenza masiva de artistas da Comunidade.

Destacar que o festival conta co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que xenera encontros en torno ao directo, así como de Rompiente Clothing que, na súa aposta polo talento xove, apoia ao Rompetiño como plataforma de lanzamento artístico sobre un marco e un escenario inigualable.

programa. Os días 1, 2 e 3 de xullo terá lugar en Porto do Son a reunión máis grande de apaixoados dos deportes extremos e a cultura urbana: o Rompetiño Jump. Tras un ano en branco e outro marcado polas estritas medidas de seguridade debido á pandemia, a xente do Barbanza agarda con ansia o festival por excelencia, que voltará co seu formato orixinal. Así, a organización preparou unha programación ambiciosa para a Music Zone do Rompetiño, con máis de dezaseis horas de música de alto nivel que fará as delicias dos asistentes.

Un cartel onde tamén teñen un papel destacado o baile e os deportes, que voltan ó festival co Skatepark máis completo de todas as edicións celebradas ata o momento. Moitas razóns para non perderse unha cita que cada ano se supera.

22 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.