Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Damián Álvarez asume a organización da pasarela da Mostra do Encaixe

Camariñas. A Mostra do Encaixe continúa coa súa aposta pola promoción do talento local e comarcal e, nesta liña, vén de adxudicar a organización da pasarela da trixésimo primeira edición ao modelo internacional Damián Álvarez, que foi imaxe da última feira e unha das caras recoñecibles da modelaxe a nivel internacional. Agora decidiu crear a empresa Gubem Event, dedicada á organización de eventos, produción de audiovisuais e publicidade, entre outras liñas de traballo.

Así, o modelo será o máximo responsable dos diferentes desfiles deste ano, tanto dos Grandes Deseñadores como do ArtEncaixe e os dos participantes do concurso de noveis deseñadores. “Coa miña participación o ano pasado vin que o encaixe de Camariñas ten un potencial enorme a nivel galego, nacional e incluso internacional, e gustaríame darlle ese toque a maiores para achegalo á moda á que estou acostumado eu en Milán”, explica.

“Vai ser a miña estrea como o máximo responsable dunha pasarela. É certo que xa botei unha man na organización doutras pero nunca deste xeito”, confesa Damián, que anuncia que “traerei modelos de Galicia e tamén a amigos que se dedican á modelaxe a nivel internacional. Haberá algunha sorpresa para os desfiles. Teño algunhas ideas. Animo á xente a que se achegue en Semana Santa á Mostra para comprobalo”.

Di sentirse “fillo adoptivo de Camariñas, por como me tratan cada vez que vou” e amósase “moi contento de que confíen en min e que me dean esta oportunidade. Supón un desafío a nivel persoal que estou encantado de facer e atópome súper motivado para dar o mellor de min, que todo salga ben e poder axudar á divulgación deste evento”.

Sobre se este novo proxecto, que suporá un cambio na súa carreira, Damián Álvarez aclara que “sigo traballando como modelo pero pensei que era necesario buscar un plan B. Aínda non teño 30 anos pero vou cumprilos agora e este é o momento adecuado, por iso creei a empresa”.

24 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.